DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

O período estival remata con 14 novas insercións laborais de persoas usuarias de entidades Down en Galicia

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» O período estival remata con 14 novas insercións laborais de persoas usuarias de entidades Down en Galicia

O verán de 2017 chegou xa ao seu fin, pero deixou un moi bo sabor de boca en moitas das persoas participantes no programa de Emprego das entidades Down de Galicia.

E é que nestes catro meses, os que van de xuño a setembro, 20 persoas pertencentes ás distintas entidades membro da Federación Down Galicia, conseguiron un novo contrato de traballo, prorrogaron o que xa tiñan ou melloraron as súas condicións laborais. Así, neste período, acadáronse 14 novas insercións (4 en A Coruña, 3 en Vigo e Lugo, e 2 en Pontevedra e Ferrol), 5 ampliacións de contrato e 1 conversión en indefinido.

Estas novas oportunidades sumáronse aos contratos vixentes en toda a comunidade galega, sendo 129 as persoas que estiveron traballando en algún momento do período estival e, de estas, 113 facíano cun contrato indefinido.

Os postos de traballo desempeñados polos novos traballadores e traballadoras son bastante variados: manipulador de alimentos, operario de automoción, mariñeiro, conserxe, azafato de eventos, promotora de produtos, auxiliar administrativo, auxiliar de comedor, especialista en electrónica,… O que non fai máis que poñer de manifesto que as persoas usuarias da Federación Down Galicia e as súas entidades membro poden desenvolverse perfectamente en multitude de perfís profesionais.

E no outro lado da balanza atópanse as empresas. O colexio de avogados de Ferrol, a panadería A’Devesa, Bodegas El Paraguas, Fundación San Rosendo, o centro deportivo Be one, Alcampo ou o Concello de Agolada son algunhas das compañías ou institucións que neste período estival apostaron pola incorporación de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual ós seus equipos de traballo.

A estas oportunidades laborais temos que sumar 24 prácticas formativas, que serviron para que aquelas persoas que as levaron a cabo adquirisen unha experiencia que favorecerá as súas futuras posibilidades de inserción no mercado laboral ordinario.

O acceso a un posto traballo é un dereito universalmente recoñecido. O seu desempeño inflúe directamente no modo en que unha persoa percibe aos demais e se percibe a si mesma. Tamén inflúe no modo en que esa persoa é percibida e valorada pola sociedade e, por suposto, no grao de liberdade de que dispón no aspecto económico e social. Deste xeito, a actividade laboral, como fin dunha traxectoria formativa, converteuse nunha das principais canles de inserción social das persoas con discapacidade intelectual.

Entradas relacionadas
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
29 Decembro, 2020
Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
23 Decembro, 2020
“Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”
22 Decembro, 2020
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
  • Down Ourense revalida o Sello ONG Acreditada outorgado pola Fundación Lealtad
  • Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade