Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia e Política Social asinan un convenio para o estudo do envellecemento nas persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia e Política Social asinan un convenio para o estudo do envellecemento nas persoas coa síndrome de Down

28 Novembro, 2017

» Down Galicia e Política Social asinan un convenio para o estudo do envellecemento nas persoas coa síndrome de Down

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, e José Manuel Rey Varela, Conselleiro de Política Social, asinaron esta mañá no Edificio Administrativo de San Caetano un convenio de colaboración que busca a mellora na calidade de vida das persoas coa síndrome de Down durante a etapa do envellecemento.

Este convenio, que achegará á Federación oitenta e cinco mil euros (85.000 €), ten por obxectivo o desenvolvemento dun proxecto de prevención e atención ao proceso de envellecemento das persoas coa síndrome de Down no que, partindo do análise, estudo e sensibilización das necesidades do colectivo se fomente a súa independencia e autonomía persoal.

O proxecto incluirá as seguintes actividades:

  1. Identificación das características e necesidades sociais, afectivas, intelectuais e físicas relativas á calidade de vida do envellecemento das persoas coa síndrome de Down.
  2. Estudo da prevalencia das necesidades detectadas segundo diferentes variables de relevancia: idade, sexo, área xeográfica.
  3. Análise da relación existente entre as necesidades detectadas e as diferentes variables obxecto do proxecto de estudo.
  4. Contraste das necesidades detectadas cos resultados de investigacións e estudos xa realizados.
  5. Definición dun mapa de necesidades das persoas coa síndrome de Down en relación ás diferentes dimensións de calidade de vida.
  6. Identificación de medidas e liñas de actuación que dean respostas axeitadas ás necesidades detectadas da poboación coa síndrome de Down e que contribúan a mellorar a atención do colectivo en todos os ámbitos.
  7. Difusión dos resultados ós servizos que atenden ás persoas coa síndrome de Down en idade adulta contribuíndo a paliar as necesidades detectadas e propiciando unha mellora na atención técnica multidisciplinar.

A media da esperanza de vida das persoas coa síndrome de Down incrementouse significativamente nos últimos anos, chegando incluso a superar os 60 anos. Os estudos amosan que as persoas con esta síndrome teñen un envellecemento precoz e máis probabilidade de que este sexa patolóxico. Por iso é necesario traballar en torno ao envellecemento activo do colectivo e á súa participación en recursos comunitarios para maiores. Por outra banda, tamén é fundamental avanzar no coñecemento das persoas maiores coa síndrome e Down e das súas particularidades, favorecendo así unha mellor e máis axustada atención.

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Tres mozos de Down Coruña desfrutan da experiencia de vivir de forma independente
31 Agosto, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}