Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A Asociación Down Ourense presenta a nova edición do seu calendario solidario

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Asociación Down Ourense presenta a nova edición do seu calendario solidario

29 Novembro, 2017

» A Asociación Down Ourense presenta a nova edición do seu calendario solidario

A Asociación Down Ourense vén de presentar o seu calendario solidario 2018, que se poderá adquirir a partir do día de hoxe en diversos puntos da cidade.

Nesta edición, a asociación contou coa colaboración do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e dos fotógrafos Mani Moretón e Emilio Romanos, que conseguiron captar coas súas cámaras divertidos momentos das persoas usuarias da entidade traballando man a man con profesionais do hospital ourensá.

O acto de presentación do almanaque tivo lugar no vestíbulo do novo edificio hospitalario, onde a presidenta da entidade, Mara Prieto Fortes, destacou a importancia desta iniciativa e resaltou que “o calendario solidario supón para Down Ourense unha fonte de ingresos moi importante e será unha vía máis de visibilidade e protagonismo para as persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual”. Tamén quixo agradecer “a cálida e comprometida participación de todas as persoas que, de maneira desinteresada, o fixeron realidade”. Prieto aproveitou o final da súa intervención para destacar que “aínda que as fotografías están tomadas nun hospital, as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais non son enfermos. Non padecen, nin sofren, nin están afectados pola síndrome de Down. Simplemente son persoas”.

Na rolda de prensa tamén participaron o xerente da EOXI (Estrutura de Xestión Integrada) de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras, Dionisio López Bellido, e os fotógrafos Mani Moretón e Emilio Romanos.

Ademais da colaboración do CHOU, foron tamén moitas as empresas da cidade que brindaron o seu apoio a Down Ourense neste proxecto: Angelo Milano, Egatel, Envialia, Imgrafor, Ourenmatel e Redegal.

Este ano a tirada será de 1.400 exemplares: 700 calendarios de parede e 700 calendarios de mesa, que se venderán a 5 € cada un. Os beneficios obtidos coa súa venda irán destinados integramente ós programas de promoción da autonomía que se levan a cabo en Down Ourense.

Aquelas persoas que así o desexen, poderán adquirir o seu calendario solidario na propia asociación e nas tendas Angelo Milano (Rúa do Paseo, 30) e Nuria Vidal (Rúa Concordia, 12).

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
“Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”
4 Xaneiro, 2023
Mozos e mozas de Down Ourense e Down Vigo fórmanse nun título propio da Universidade de Vigo
1 Decembro, 2022
Down Ourense presenta o seu calendario solidario 2023
3 Novembro, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
Down Ourense conmemora o Día Mundial da síndrome de Down nas rúas da cidade
22 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}