Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O CERMI advirte de que o movemento da discapacidade será máis belixerante a partir do 4 de decembro ante a falta de accesibilidade universal

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O CERMI advirte de que o movemento da discapacidade será máis belixerante a partir do 4 de decembro ante a falta de accesibilidade universal

3 Decembro, 2017

» O CERMI advirte de que o movemento da discapacidade será máis belixerante a partir do 4 de decembro ante a falta de accesibilidade universal

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) advertiu de que o movemento da discapacidade será máis reivindicativo e belixerante contra as violacións de dereitos por falta de condicións de accesibilidade universal a partir do 4 de decembro, data na que conclúe o prazo legal para que todos os servizos e contornas de interese sexan accesibles.

Nestes termos exprésase a plataforma representativa da discapacidade en España no manifesto titulado ‘Sen accesibilidade universal, non hai dereitos humanos para as persoas con discapacidade’, elaborado con motivo da celebración o 3 de decembro do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade.

En 2003, grazas ao labor de incidencia política do movemento da discapacidade, España aprobou unha lei que obrigaba a que todos os bens, servizos e contornas de interese fosen accesibles en 2019, prazo que posteriormente se acurtou ata o 4 de decembro de 2017. Precisamente, ante a evidencia de que esta obrigación temporal ía incumprirse, o  CERMI despregou durante todo o ano a campaña ‘Horizonte Accesibilidade 4 decembro 2017’, co fin de que a cidadanía denunciase cada mes situacións de falta de accesibilidade nun ámbito distinto.

E é que, como recolle a entidade no manifesto deste ano, as violacións máis insistentes e insidiosas dos dereitos humanos das mulleres e homes con discapacidade, as discriminacións e exclusións máis xeneralizadas que sofren con maior intensidade teñen que ver coa inexistencia ou coas carencias de accesibilidade universal, que constitúen obstáculos moitas veces insalvables para levar unha vida independente libremente decidida, e alcanzar unha completa inclusión na comunidade.

 

Esixente enfoque de xénero

Aínda que apenas hai datos, por falta de estudos e investigacións solventes, as mulleres e nenas con discapacidade están máis expostas a sufrir en maior medida os efectos negativos da falta de accesibilidade universal, polo que neste ámbito, aparentemente neutro, é imprescindible tamén aplicar un esixente enfoque de xénero para combater a discriminación  interseccional que se produce.

Desta forma, o  CERMI ve necesario reforzar a loita contra todo tipo de barreiras (visibles ou non), ante esta burla dos mandatos legais, absolutamente ineludibles nun Estado que se proclama social, democrático e de Dereito, e a estafa política e lexislativa da que foron vítimas as persoas con discapacidade, cuxas expectativas de dispoñer de contornas  universalmente accesibles, tras esperas e adiamentos interminables, víronse unha vez máis traizoadas.

En concreto, desde a discapacidade organizada denunciaranse administrativamente e demandaranse xudicialmente as violacións de dereitos por falta de accesibilidade universal; esixirase a actuación dos poderes públicos para corrixir as graves e estendidas deficiencias aínda persistentes, e promoverase con maior firmeza a toma de conciencia do valor da accesibilidade por parte da sociedade e de todos os seus operadores e axentes.

Por último, a entidade lembra que as barreiras invisibles, que en ocasións son as máis difíciles de superar, están alimentadas xeralmente por prexuízos e falsos estereotipos excluíntes. Ademais, a accesibilidade universal é unha obrigación consagrada no ordenamento xurídico español e sobre todo na Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade, aprobada por Nacións Unidas fai algo máis dunha década e que é de obrigado cumprimento para os países que  a ratificaron, como é o caso de España.

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe garantir a efectividade da participación política das persoas con discapacidade
3 Maio, 2023
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda cun gran X na Praza da Quintana
3 Abril, 2023
Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}