Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O Parlamento Europeo sobre o dereito ao voto das persoas con discapacidade: “Non é unha cuestión de solidariedade, senón de liberdade”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Parlamento Europeo sobre o dereito ao voto das persoas con discapacidade: “Non é unha cuestión de solidariedade, senón de liberdade”

19 Decembro, 2017

» O Parlamento Europeo sobre o dereito ao voto das persoas con discapacidade: “Non é unha cuestión de solidariedade, senón de liberdade”

O presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, asegurou, en relación co dereito ao voto das persoas con discapacidade e coas necesarias condicións de accesibilidade universal para exercer o dereito de sufraxio en igualdade de condicións, que “non é unha cuestión de solidariedade, senón de liberdade”.

Nestes termos manifestouse Tajani durante o ‘IV Parlamento Europeo das Persoas con Discapacidade’ (EPPD), celebrado este mércores na sede da Eurocámara en Bruxelas, organizado polo Foro Europeo da Discapacidade (EDF, polas súas siglas en inglés), e que contou coa presenza dunha delegación dunhas 60 persoas do movemento da discapacidade española organizada en torno ao CERMI.

“Esta Cámara debe ser un exemplo de accesibilidade e inclusión. En 2019 todas as persoas deben poder votar libremente”, comentou o presidente do Parlamento Europeo, quen puxo en valor un programa piloto en Madrid que conta coa participación da ONCE para que poidan votar en igualdade de condicións as persoas cegas.

Nesta liña, a comisaria de Emprego e Asuntos Sociais, Marianne Thissen, declarou que “hai que crear unha Europa que respecte a Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade”. Ademais, resaltou a importancia de adoptar as decisións que afectan as persoas  con discapacidade traballando xunto ao tecido asociativo, apuntando que “nada por vostedes sen vostedes”.

Pola súa banda, o presidente do Foro Europeo da Discapacidade, Yannis Vardakastanis, aproveitou a súa intervención para preguntarse “Somos cidadáns as persoas con discapacidade? Se non votamos, desde logo que non seremos cidadáns de pleno dereito”. Así mesmo, fixo un chamamento para construír unha Europa máis social, realizando os investimentos precisos.

Entre as intervencións, destacan tamén as de dúas mulleres con discapacidade. En concreto, María Piñeiro, de Plena inclusión, lembrou que en España hai unhas 100.000 persoas que non poden exercer o dereito ao voto por razón de discapacidade intelectual, enfermidade mental ou deterioración cognitiva, polo que pediu acabar con esta situación canto antes. Mentres, Nerea Cuervo exclamou que “somos persoas, e moi capaces. Temos dereito a elixir os nosos gobernantes e a ser tamén elixidos. Hai que dar pasos para que este principio se cumpra en todos os países”.

CUMPRIR COA CONVENCIÓN DA ONU

Durante o  EPPD, a representación da discapacidade europea aprobou por unanimidade un manifesto con propostas para as próximas eleccións europeas de 2019. No devandito documento, o dereito de sufraxio ten unha importancia fundamental, pois se esixe “unha Europa onde os procesos electorais sexan plenamente accesibles e onde as persoas con discapacidade teñan dereito a participar plenamente na vida política e pública”. Para iso, o EDF reclama devolver o dereito ao voto a todas as persoas con discapacidade que non o teñen recoñecido por unha sentenza de incapacitación, así como que se garanta a accesibilidade dos procesos electorais (material electoral, centros de votación, etc.).

Declarar o exercicio 2021 como Ano Europeo dos Dereitos das Persoas con Discapacidade; un maior diálogo coas organizacións da discapacidade por parte das institucións comunitarias; salvagardar o orzamento da política de cohesión no marco financeiro multianual; a aplicación por completo do Pilar Europeo de Dereitos Sociais, e atender en todas as políticas de discapacidade as necesidades específicas das mulleres e nenas son algunhas das reivindicacións do manifesto.

Por último, tamén se aprobou por aclamación a ‘Resolución do  EDF sobre a Estratexia Europea de Discapacidade 2020-2030’, coa que se reclama que dita estratexia cubra todas as disposicións da Convención da ONU dos Dereitos das Persoas con Discapacidade, cun orzamento asignado á súa implementación e un mecanismo de supervisión ben dotado de recursos.

A resolución insta ás institucións europeas a que se teñan en conta as observacións do Comité da ONU dos Dereitos das Persoas con Discapacidade en relación co cumprimento da Convención e que involucre a todas as institucións e ao conxunto da sociedade.

O texto avoga tamén por avanzar en materia de accesibilidade universal; a mellora da formación dos profesionais da UE en materia de discapacidade; a promoción da autonomía persoal; reforzar a lexislación para loitar contra a discriminación por razón de discapacidade, e ratificar o Protocolo Facultativo da Convención da ONU, que contén procedementos para fortalecer a protección dos dereitos da cidadanía con discapacidade.

Entradas relacionadas

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da nova lei de igualdade de trato e non discriminación
14 Xullo, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}