Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Xuntos acada 8 novas insercións laborais no último trimestre do ano

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Xuntos acada 8 novas insercións laborais no último trimestre do ano

29 Decembro, 2017

» Xuntos acada 8 novas insercións laborais no último trimestre do ano

O último trimestre do ano está traendo moi boas novas a varios membros de Down Pontevedra “Xuntos”. E é que 8 persoas usuarias da asociación conseguiron un novo traballo neste tramo final do 2017.

É o caso de Víctor Vázquez e Diego Touriño, ós que a empresa Arume contratou como monitores de comedor escolar no CEIP Barcelos e no CEIP Vidal Portela, respectivamente, tras un pequeno período de prácticas. Víctor repite experiencia neste curso escolar 2017-2018 tras traballar tamén o ano pasado no mesmo centro.

Tamén nestas datas, como ven sendo habitual desde o comezo do programa de Emprego con Apoio, Distribuciones Froiz contou con dous usuarios de Xuntos para elaborar as tradicionais cestas de Nadal, Antonio Barcala e Diego Fontenla. O segundo, ademais, compatibiliza este emprego co que desempeña como limpador en Ingeniería Sincofa.

David Martínez, pola súa parte, compaxina o seu traballo en McDonalds polas mañás coa súa nova incorporación como persoal de limpeza no complexo deportivo Serviocio, que repite como empresa colaboradora do servizo de Emprego con Apoio.

Novas empresas colaboradoras

A estas insercións súmanse outras en empresas que decidiron por vez primeira contar nos seus equipos de traballo con unha persoa coa síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais, como é o caso da mencionada Ingeniería Sincofa, de Panadería A’Devesa ou de Alcampo.

A’Devesa, referente no sector da panadería e a pastelería en Pontevedra, decidiu contratar a Helga García para facer promoción dos seus produtos entre a clientela dos seus establecementos. Deste xeito, Helga rota semanalmente polas distintas tendas da cidade en horario de mañá, mentres que pola tarde desenvolve tarefas de limpeza na empresa Arela.

Alcampo, pola súa parte, ofreceulle a Pedro García a posibilidade de incorporarse ao seu persoal de traballo no novo hipermercado que a compañía inaugurou o pasado novembro en Vilagarcía de Arousa. Tras un breve período de prácticas, Pedro asinou por un ano e terá como cometidos o control de cestos na liña de caixas ou a recollida de excedente de produtos, entre outros.

Prórrogas e valoracións

Tan importante como as novas incorporacións laborais son as prórrogas dos contratos existentes.

O bo facer de Cecilia de los Santos no Coworking Espacio Arroelo foi determinante para que na empresa decidisen prorrogar o seu contrato durante un ano máis. Alí desempeña tarefas como a atención ao cliente ou o mantemento dos espazos de traballo. “Desde que estou en Espacio Arroelo estou máis contenta e feliz”, indica Cecilia cando lle preguntan polo seu traballo. “O que máis me gusta é ordenar os espazos e coñecer xente nova”.

Pero o benestar é mutuo. María Pierres, co-xestora do Coworking, explica que no mesmo momento en que ela e a súa socia coñeceron o programa de Emprego con Apoio que leva a cabo Xuntos sentiron “o que se denomina como un flechazo”. Tanto elas como as persoas que desenvolven o seu traballo en Espacio Arroelo están encantadas coa incorporación de Cecilia porque ela “non é unha traballadora máis, é a imaxe da nosa empresa”.

O programa de Emprego con Apoio

Desde o ano 2002, as entidades Down en Galicia desenvolven o servizo de Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos seus compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de xeito positivo e natural.

O acceso normalizado a un posto de traballo segue a ser un dos grandes retos das entidades que traballan a prol da inclusión laboral das persoas con discapacidade. A participación e a cada vez maior presenza das persoas con discapacidade intelectual nas empresas ordinarias contribúe de xeito eficaz a desterrar os tópicos que tradicionalmente se lles atribúen a este colectivo, resultando un xeito sumamente eficaz de inclusión social.

Entradas relacionadas

Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
“Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”
4 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}