Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

BBVA promove a vida autónoma e independente das persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

BBVA promove a vida autónoma e independente das persoas coa síndrome de Down

30 Xaneiro, 2018

» BBVA promove a vida autónoma e independente das persoas coa síndrome de Down

Cunha achega de 10.000 euros, a entidade bancaria BBVA apoiou durante o pasado ano 2017 o proxecto “Vida independente para persoas coa síndrome de Down” de Down Galicia. Esta axuda enmárcase na V edición de Territorios Solidarios que BBVA convocou a finais de 2016 coa finalidade de colaborar coas entidades non lucrativas a conseguir un futuro mellor para todas as persoas.

Grazas a esta colaboración, 172 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais maiores de 16 anos contaron cunha serie de apoios encamiñados a capacitalas para vivir de forma autónoma e independente fóra do fogar familiar.

O obxectivo principal deste proxecto é favorecer nas persoas participantes o desenvolvemento daqueles recursos e habilidades que contribúan á súa vida autónoma, independente e auto-xestionada no propio fogar e na comunidade na que se desenvolven. Así, realizáronse actividades encamiñadas a fomentar a convivencia, a responsabilidade, a autoestima, a autodeterminación, a responsabilidade no fogar, a xestión económica e as habilidades sociais e persoais necesarias para promover a toma de decisións e a capacidade para decidir como, cando e con quen quere vivir cada persoa.

O proxecto de Vida Adulta e Independente de Down Galicia levouse a cabo nas localidades nas que a Federación ten os seus centros de traballo e que están situados nas 7 principais cidades de Galicia: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Pero tamén nas localidades nas que viven as persoas destinatarias deste proxecto ou nas que foi necesario realizar tarefas de adestramento en autonomía, estendéndose o radio de actuación a máis de 40 municipios galegos.

Entradas relacionadas

Tres mozos de Down Coruña desfrutan da experiencia de vivir de forma independente
31 Agosto, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Vota o proxecto de Down Lugo e colabora na mellora do seu proxecto de vida independente
29 Maio, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}