Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Vigo e Fundación Vodafone España premian a empresas por promover a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Vigo e Fundación Vodafone España premian a empresas por promover a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

9 Marzo, 2018

» Down Vigo e Fundación Vodafone España premian a empresas por promover a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

As 14 empresas que participaron no programa ‘Yo me prep@ro’, Ada Intervencións, Adecco, Arume, Autoridade Portuaria de Vigo, Campsa Estaciones de Servizo,  Carrefour, Fundación Celta de Vigo, Fundación  Érguete,  Geas Asesores,  Ledisson,  Maxelga,  Psa  Retail e Consorcio Zona Franca de Vigo, recolleron esta mañá o diploma ‘Estamos prep@rados’ por dar oportunidades laborais a persoas coa síndrome de Down, recoñecendo desta forma o seu apoio na inserción laboral do colectivo. O acto, organizado por Down Vigo e Fundación  Vodafone España, tivo lugar esta mañá na Casa Galega da Cultura.

Estas empresas ofreceron aos alumnos e alumnas a oportunidade de realizar prácticas formativas nas súas instalacións, ou mesmo entrar a formar parte dos seus persoais. E é que a pesar de contar coa formación adecuada, tan só o 5% das persoas coa síndrome de Down do noso país puido demostrar a súa valía laboral; por iso, para o colectivo é indispensable contar co apoio e a colaboración do tecido empresarial local.

Durante o acto, tamén se fixo entrega dun diploma aos 16 mozos e mozas coa síndrome de Down que participaron e superaron o programa. Con este certificado, ambas as entidades acreditan que os mozos e mozas adquiriron as destrezas en TIC´s que lles permitirán formar parte do mercado laboral ordinario: manexar programas ofimáticos, usar diversas aplicacións móbiles ou navegar por Internet e mandar correos, entre outras habilidades.

Tanto as persoas participantes no programa como os empresarios e empresarias compartiron as súas experiencias, destacando as vantaxes que ofrece para as empresas contar con persoas con discapacidade intelectual no seu equipo de traballo, xa que, ademais de realizar as súas tarefas con meticulosidade e moita organización, melloran o clima laboral e transmiten alegría e optimismo aos seus compañeiros e compañeiras. Así, animaron a outras empresas a que aposten por políticas inclusivas que ofrezan oportunidades laborais a traballadores con esta discapacidade intelectual.

No acto interviñeron Dna. María del Carmen López Barrero, presidenta de Down Vigo; Dna. María José Caride Estévez, concelleira de Urbanismo do Concello de Vigo; D. José Ignacio Martínez Alonso, Xefe do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal; D. Carlos López Font, Deputado de Economía, Facenda e Réxime Interior; D. Severino Castromán, Responsable de Administracións Públicas de Vodafone España en Galicia; Dna. Gloria Pérez, Responsable de RRHH do Consorcio Zona Franca de Vigo; e D. Víctor Martínez, Conserxe de Consorcio Zona Franca de Vigo.

 

O programa ‘Yo me prep@ro’

O obxectivo do programa ‘Yo me prep@ro’, que celebra a súa cuarta edición, é proporcionar ás persoas con discapacidade intelectual as ferramentas e estratexias necesarias en aspectos crave como o uso adecuado das TIC: programas informáticos, navegación por Internet, acceso a redes bancarias informatizadas ou aplicacións móbiles. Todo co obxectivo de axudarlles a salvar a fenda dixital que lles pode condicionar á hora de atopar un posto de traballo normalizado, mellorar a súa autonomía e levar unha vida o máis plena e independente posible.

Nesta edición recibiron formación en novas tecnoloxías 16 persoas usuarias de Down Vigo que adquiriron as competencias necesarias para poder desempeñar un posto de traballo coa normalidade e eficacia de calquera empregado ou empregada. Os participantes de Vigo sumaranse a outros en diversas provincias, alcanzando un total de 960 persoas que recibirán esta formación en toda España.

Na súa formación contan co apoio de catro novos vídeo-titoriais que a través dunha linguaxe sinxela e accesible, reforzarán os coñecementos ofrecidos no proxecto, e permitirán a calquera persoa usuaria comprender como se obtén e para que serve o DNI electrónico, descargar  apps para  Smartphone ou  manexar con soltura aplicacións como  WhatsApp.

Tras o éxito de anteriores edicións o proxecto afronta este cuarto ano a nivel nacional con renovado impulso, pois superou as expectativas tanto no número de prácticas conseguidas como na cifra de contratacións alcanzadas: sumados aos contratos laborais para participantes conseguidos nos anos previos, ‘Yo me prep@ro’ conseguiría durante os seus catro anos de execución un total de 319 insercións laborais en empresas ordinarias de todo o país.

 

Convenio marco

A realización deste proxecto enmárcase dentro do Convenio Marco subscrito o 8 de novembro de 2013 entre Fundación  Vodafone España, Plena Inclusión e Down España para a realización de actividades conxuntas en materia de accesibilidade e inserción laboral que redunden en mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade intelectual.

Este convenio busca fomentar a innovación tecnolóxica aplicada á accesibilidade e fai especial fincapé naquelas iniciativas que contribúan á participación das persoas con discapacidade intelectual no ámbito laboral a través de proxectos piloto de innovación e  sesións formativas e de divulgación.

Entradas relacionadas

Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}