Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia e a Fundación Down Compostela conmemoran mañá o Día Mundial da síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia e a Fundación Down Compostela conmemoran mañá o Día Mundial da síndrome de Down

20 Marzo, 2018

» Down Galicia e a Fundación Down Compostela conmemoran mañá o Día Mundial da síndrome de Down

A Federación Down Galicia e a Fundación Down Compostela conmemoran mañá, 21 de marzo, o Día Mundial da síndrome de Down cunha gala na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Este acto, que dará comezo ás 20:00 horas, ten como principal obxectivo que as persoas coa síndrome de Down poidan reclamar os seus dereitos e defender a riqueza dunha sociedade diversa e plural.

Neste día, no que tamén se conmemorará o 21 aniversario da Fundación Down Compostela, as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais volverán ser as protagonistas da gala, xa que serán as encargadas de conducir o acto, ler o Manifesto pola promoción da Autonomía Persoal e entregar os VII Premios da Fundación.

Durante o evento, as persoas asistentes poderán desfrutar tamén cun sketch da nova obra de teatro do Grupo de teatro Down Compostela, “A mansión de José Cruz”, así como da estrea do vídeoclip da canción Tres en raia do grupo galego A banda da loba.

No acto tamén intervirán os presidentes da Fundación Down Compostela, Juan Jesús Martínez López, e de Down Galicia, Delmiro Prieto González; o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela; o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña; e o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega Sánchez.

 

Premios Down Compostela

Un dos puntos álxidos da noite será a entrega dos VII Premios Down Compostela, que teñen por obxecto recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares.

Neste 2018 a Fundación Down Compostela acordou recoñecer o traballo que veñen realizando o Colexio “Nuestra Señora del Rosario” de Arzúa (colexio Atocha), a empresa Cafento, a directora do Centro Institucións Galicia de Caixabank, María Jesús García Piñeiro, e a voluntaria Malena González Barreiro.

O premio consistirá nunha escultura do artista compostelán Cándido Pazos feita especialmente para representar estes galardóns: unha man montada sobre unha base de cuarzo do Pico Sacro. “A man é a máxima expresión do ser humano”, sinala o artista, quen utilizou as cores corporativas da Fundación (azul, amarelo e gris) para esmaltar as pezas. Coas mans, Cándido Pazos pretende simbolizar o apoio que os premiados deron ás persoas con síndrome de Down e a recompensa que recibiron por iso.

 

Iluminación dos principais monumentos de Galicia

Os principais monumentos das sete grandes cidades de Galicia conmemorarán este mércores o Día Mundial da síndrome de Down. A Torre de Hércules, o Hostal dos Reis Católicos, a Cidade da Cultura, a Ponte Romana de Ourense ou os concellos de Ferrol, Pontevedra e Santiago de Compostela, entre outros, serán iluminados de azul e amarelo na tarde-noite deste mércores 21 de marzo.

Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración do 21 de marzo como Día Mundial da síndrome de Down. Establécese esta data, o 21 de marzo [21/03] como un símbolo, en referencia á triplicación [trisomía] do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.

Entradas relacionadas

25 persoas das entidades de Down Galicia realizan prácticas laborais na Xunta de Galicia a través de Política Social e Xuventude
4 Decembro, 2023
A Consellería de Política Social e Xuventude financia o mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
1 Decembro, 2023
Máis de 500 persoas recibiron formación no programa integrado para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables no que participou a Federación
15 Novembro, 2023
Máis de mil cincocentas accións desenvoltas no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que atende a 249 persoas demandantes
24 Outubro, 2023
Down Galicia organiza a primeira xuntanza autonómica de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
2 Outubro, 2023
Down Galicia lanza unha actualización da súa guía con normas e recomendacións sobre lectura fácil
27 Setembro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}