Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

As entidades Down de Galicia tamén conmemoraron o Día Mundial da síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As entidades Down de Galicia tamén conmemoraron o Día Mundial da síndrome de Down

26 Marzo, 2018

» As entidades Down de Galicia tamén conmemoraron o Día Mundial da síndrome de Down

As entidades Down de Galicia tamén quixeron conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down con numerosos actos reivindicativos e de sensibilización por toda a comunidade autónoma. Así, ademais do acto central da Federación e a Fundación Down Compostela, nas sete principais cidades de Galicia, persoas usuarias de todas as entidades membro da Federación Down Galicia quixeron saír á rúa a facer escoitar a súa voz.

A sede de Down Vigo recibiu a visita de Ignacio López-Chaves, delegado da Xunta na cidade olívica, e de Marta Iglesias, xefa territorial da Consellería de Política Social, que quixeron coñecer de primeira man o traballo levado a cabo pola asociación. Membros da xunta directiva, profesionais e persoas usuarias da entidade ensináronlle aos visitantes o local no que desenvolven as súas actividades, podendo estes comprobar in situ o traballo que realizan na asociación a diario.

Down Pontevedra Xuntos comezou o venres unha nova etapa nun local de máis de 500 metros cadrados que permitirá mellorar a calidade dos servizos ofrecidos aos seus usuarios e usuarias. A inauguración, na que participaron representantes da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello da cidade, congregou a case 100 persoas nun acto próximo e moi emotivo.

Na cidade de Ferrol, Teima Down Ferrol organizou dúas accións de sensibilización nas que participaron persoas usuarias e profesionais da entidade, así como moitas das familias que conforman a mesma. Pola mañá, os membros da asociación visitaron o concello, onde Ceci e Toni, membros da entidade, leron un manifesto reivindicativo nun acto institucional no que tamén interviñeron o alcalde da cidade, Jorge Suárez, e a presidenta de Teima Down Ferrol, Patricia Serantes. Pola tarde, familias e persoas usuarias da entidade asistiron o acendido da casa consistorial coas cores representativas do movemento asociativo da síndrome de Down, azul e amarelo. Alí, Rebeca, irmá de Aitana, leu unha carta dedicada á súa irmá coa síndrome de Down:

“Chámome Rebeca e son irmá de Aitana desde hai case 6 anos.

Hoxe é 21 de marzo, empeza a primavera, é o día mundial da síndrome de Down e pensei que era un bo momento para dicirlle á miña irmá e ao mundo algunhas cousas importantes para min.

Entendín que eras única cando notei que a túa vida cambiaba a perspectiva de quen te rodea. Que os teus tempos, pausados, facíanme máis paciente e máis orgullosa dos teus logros…A túa condición non te limita; vexo como saltas barreiras, vexo como gran a gran de area, constrúes un castelo. Sei que se te caes, ti soa te vas levantar. Que tes o teu mal carácter, pero tamén es pura alegría, auténtica. Agora pregúntome: Que faría eu sen ti? Sen as túas mostras de amor desinteresadas, sen o teu sorriso contaxioso, sen o teu  peloteo para que non che rife,… Simplemente, non me imaxino unha vida sen ti. Tal e como es, así, es perfecta…

Porque sen ti, síndrome de Down, xa non serías Aitana. Quéroche irmá!”

As persoas usuarias de Down Lugo quixeron aproveitar o Día Mundial da síndrome de Down para saír á rúa e dicir ben alto e ben claro que “o desenvolvemento dunha sociedade está baseado na diversidade”. Acompañados por representantes do Goberno, da Xunta de Galicia, do Concello e da Deputación de Lugo, os membros da asociación fixeron un percorrido por todos os edificios iluminados de azul e amarelo en conmemoración deste día. Unha vez na Muralla de Lugo, unha representante da entidade leu o Manifesto pola promoción da autonomía persoal diante dos alí presentes.

Down Coruña presentou con motivo deste Día Mundial a súa tradicional curtametraxe que, nesta ocasión, leva por título “A mirada”. Esta peza audiovisual pretende destacar a normalidade na vida diaria das persoas coa síndrome de Down e a necesidade dun cambio na mirada de todas as persoas que conformamos a sociedade. Nun acto, no que tamén celebraron os seus 18 anos, a asociación compartiu con todos os presentes varias fotografías de Ana Amado que teñen como protagonistas a varios mozos e mozas da entidade e que optan aos prestixiosos Sony World Photography deste ano.

Por último, a entidade máis nova da Federación, Down Ourense, tamén quixo saír á rúa para ler o Manifesto pola promoción da autonomía persoal. Acompañados polo alcalde da cidade, membros da asociación afirmaron con rotundidade que “non somos cidadáns de segunda” e que “as persoas coa síndrome de Down somos seres humanos dignos de todo dereito”.

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
CERMI Galicia expón as principais reivindicacións das persoas con discapacidade ante o Parlamento de Galicia
12 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
8 de marzo de 2022: Vinte e cinco anos de conquistas e reivindicación
8 Marzo, 2022
Down España recada fondos para axudar a familias de persoas coa síndrome de Down de Ucraína
4 Marzo, 2022
Xunta, FEGAMP e Terceiro Sector asinaron a nova Axenda Social Única de Galicia
4 Xaneiro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}