Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia e o Parlamento asinan un protocolo para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia e o Parlamento asinan un protocolo para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

9 Abril, 2018

» Down Galicia e o Parlamento asinan un protocolo para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia, e Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, asinaron esta mañá un protocolo de colaboración para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. O acordo fixa as condicións para comezar a desenvolver actividades que promovan e fortalezan as opcións de empregabilidade das persoas usuarias das sete entidades que conforman Down Galicia no Parlamento galego.

“A administración é a casa de todos e todas e, como tal, debe cubrir as necesidades de todos os seus membros”. Así valorou Delmiro Prieto o peche deste protocolo, resaltando o apoio que deben brindar as administracións públicas para a igualdade de todas as persoas que compoñen a sociedade.

Este protocolo é o punto de partida para o proceso de inserción e adaptación efectiva ao posto de traballo de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais no Parlamento de Galicia. Para iso, impartiranse cursos de formación específicos previos ao comezo da prestación de servizos na Administración; darase apoio no proceso de inserción e adaptación efectiva ao posto de traballo das persoas traballadoras coa síndrome de Down, así como do seu entorno laboral; farase un seguimento do desempeño da actividade laboral, incluíndo formación continua en competencias instrumentais, transversais e laborais para este colectivo e de acordo cos resultados da detección de necesidades formativas; e realizaranse obradoiros prácticos de intercambios de experiencias dirixidos ao persoal que realiza funcións de referencia na súa contorna de traballo.

Primeira oposición dirixida a persoas con discapacidade intelectual

O Parlamento de Galicia contemplou en 2017 por primeira vez na súa historia a reserva de prazas para persoas con discapacidade intelectual coa convocatoria dunhas oposicións dirixidas a este colectivo.

Así, a sede do Parlamento de Galicia acolleu o pasado marzo o primeiro exercicio deste proceso selectivo para cubrir unha praza de uxier.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’
6 Xuño, 2022
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}