Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia e a Consellería de Educación presentan un protocolo para a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia e a Consellería de Educación presentan un protocolo para a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

16 Abril, 2018

» Down Galicia e a Consellería de Educación presentan un protocolo para a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Representantes da Federación Down Galicia e da Consellería de Educación presentaron esta mañá na Cidade da Cultura o Protocolo para a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, que ten como eixo central o dereito de todo o alumnado a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, que promova as súas oportunidades de desenvolvemento persoal, social e laboral ao longo da súa vida.

Este documento, que tardou en elaborase case un ano e medio, foi creado a petición da Federación Down Galicia por un grupo interdisciplinario constituído por asesores técnicos docentes da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, un membro dos Equipos de Orientación Específicos (EOE), un profesor dun centro de Educación Secundaria e membros da Comisión de Educación de Down Galicia. Desde a Federación queremos darlle as grazas a todos e todas elas polo seu traballo e implicación.

Durante a presentación, o presidente de Down Galicia puxo de manifesto a necesidade de continuar avanzando no eido da inclusión educativa do colectivo e quixo agradecer a disposición da Xunta de Galicia para elaborar un documento tan necesario como este protocolo. Delmiro Prieto salientou que “é un punto de partida importante, que hai que poñer en práctica para seguir avanzando, porque a pesar do título do protocolo, é de aplicación universal, xa que a escola inclusiva é para todo o mundo”.

Pola súa parte, Román Rodríguez, Conselleiro de Educación, destacou que un dos piares básicos dun sistema educativo exemplar é atender a todas as especificidades do alumnado e que “cada neno dispoña das oportunidades e das condicións necesarias para a aprendizaxe”. Isto é “converter a diversidade nunha oportunidade”.

A inclusión como principio

É nunha escola aberta, flexible e sen prexuízos onde todos os nenos, nenas, mozos e mozas dunha determinada comunidade poden e deben estar, participar, aprender e progresar. Cando nos referimos ao alumnado con discapacidade intelectual ou síndrome de Down, a consideración debe ser a mesma. Precisamos continuar avanzando cara unha escola inclusiva, que se apoie na convicción de que todos os alumnos e alumnas poden aprender cando se lles outorgan as oportunidades e condicións de aprendizaxe axeitadas, educando en valores que unicamente se aprenden en contextos de diversidade, como a igualdade a solidariedade, empatía, axuda mutua, respecto, tolerancia, compromiso cos demais,…

Neste contexto, os piares fundamentais nos que se asenta o protocolo son:

  • Todo o alumnado ten o mesmo dereito a unha educación inclusiva e de calidade como piar de equidade e xustiza social.
  • Consideración do enfoque ecolóxico: a discapacidade dunha persoa resulta da interacción entre a persoa e o ambiente no que se desenvolve. Nun ambiente libre de barreiras e cos apoios que necesita, as súas capacidades serán cada vez mellores, e moitas das súas limitacións poden, incluso, desaparecer.
  • É responsabilidade de todas as persoas que forman parte dunha comunidade educativa, tratar de informar, reducir e/ou eliminar as posibles barreiras e prestar os apoios necesarios na procura dun entorno educativo máis inclusivo e facilitador.
  • É preciso crear contextos de aprendizaxe universal, que faciliten o acceso e a participación, libre desas barreiras físicas, sensoriais, estruturais, cognitivas, comunicativas, curriculares ou calquera outras, e que teñan especial sensibilidade cara ao alumnado máis vulnerable ou susceptible de sufrir situacións de exclusión e/ou fracaso escolar.
  • Os contextos educativos deberán ser suficientemente flexibles, e comprensivos, de maneira que entendan a diversidade como principio, como sinal de identidade que forma parte da esencia das persoas, unha oportunidade de aprendizaxe para todos os membros dunha comunidade educativa, e un elemento que enriquece o desenvolvemento persoal e social, e contribúe a mellorar a convivencia e construír unha sociedade máis xusta e tolerante.
  • A personalización do proceso de ensino-aprendizaxe, que debe adaptarse ás distintas realidades das alumnas e dos alumnos do sistema educativo: ás súas potencialidades, ao seu desenvolvemento, aos seus ritmos, aos seus estilos e ás súas particulares formas de ser e de aprender.

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Lugo e CPR Inmaculada Maristas de Lugo apostan pola inclusión educativa
28 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}