Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A Fundación Mapfre recoñece o labor de Down Galicia a prol da inclusión das persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Fundación Mapfre recoñece o labor de Down Galicia a prol da inclusión das persoas coa síndrome de Down

27 Abril, 2018

» A Fundación Mapfre recoñece o labor de Down Galicia a prol da inclusión das persoas coa síndrome de Down

A Federación Down Galicia recibiu hoxe, nun acto presidido pola Infanta Doña Elena de Borbón, un recoñecemento da Fundación Mapfre pola súa traxectoria a prol da inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Este evento, no que tamén foron galardoadas outras entidades sociais e varias empresas galegas, serviu tamén de plataforma para que a Fundación Mapfre presentase o seu programa social de emprego e para que se desen a coñecer varias insercións laborais de éxito de persoas con discapacidade en empresas ordinarias da súa contorna.

Así, María José España, responsable de emprego da Asociación Down Coruña, compartiu con tódalas persoas asistentes a experiencia de Tania, unha rapaza con discapacidade intelectual, que foi contratada en setembro de 2013 por Amofre S.L. para traballar no Burger King do centro comercial Marineda de A Coruña.

A xerente de Down Galicia, Sonia Caldas Novás, foi a encargada de recoller o galardón en nome da Federación e aproveitou a súa intervención para agradecer o recoñecemento, ao tempo que fixo fincapé na necesidade de implicar a toda a sociedade para que as persoas con discapacidade intelectual poidan acceder ao mercado laboral de xeito normalizado.

O proxecto de emprego de Down Galicia púxose en marcha no ano 2002 e está orientado a facilitar que as persoas con discapacidade teñan un traballo en empresas ordinarias. Para que estas insercións sexan efectivas cóntase coa figura dun preparador ou preparadora laboral (profesional que se encarga de ensinar as tarefas á persoa con discapacidade no  posto de traballo), e que non supón custe algún para a empresa. Este tipo de apoio no posto é gradual e vaise retirando ata desaparecer por completo a medida que a persoa con discapacidade vai adquirindo autonomía nas súas tarefas.

No acto, celebrado nas instalacións da Confederación de Empresarios de A Coruña, tamén foi recoñecido o labor das empresas Solidariedade Internacional de Galicia, Gaeiro Construcciones S.L. e Amofre S.L.; da empresaria Lilia Gonçalves Faria; da residencia Domusvi A Coruña; da Confederación de Empresarios COFER Ferrol; e da Federación Feafes Galicia.

Entradas relacionadas

Máis de 500 persoas recibiron formación no programa integrado para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables no que participou a Federación
15 Novembro, 2023
Máis de mil cincocentas accións desenvoltas no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que atende a 249 persoas demandantes
24 Outubro, 2023
Down Galicia organiza a primeira xuntanza autonómica de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
2 Outubro, 2023
Down Galicia lanza unha actualización da súa guía con normas e recomendacións sobre lectura fácil
27 Setembro, 2023
Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}