Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Compostela e Fundación Vodafone España entregan un recoñecemento a 8 mozos e mozas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Compostela e Fundación Vodafone España entregan un recoñecemento a 8 mozos e mozas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

5 Xuño, 2018

» Down Compostela e Fundación Vodafone España entregan un recoñecemento a 8 mozos e mozas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Esta mañá tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos ‘Estamos prep@rados’, un acto de recoñecemento no que Down Compostela e Fundación  Vodafone España entregaron diplomas aos 8 mozos e mozas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais que superaron o programa ‘Yo me prep@ro’ de formación en Novas Tecnoloxías. Con este certificado, ambas as entidades acreditan que as persoas participantes adquiriron as destrezas en TIC´s que lles permitirán formar parte do mercado laboral ordinario: manexar programas ofimáticos, usar diversas aplicacións móbiles ou navegar por Internet e mandar correos, entre outras habilidades.

As persoas encargadas de repartir estes títulos foron as autoridades presentes, que tamén entregaron diplomas ás empresas participantes no programa polo seu apoio á inclusión laboral do colectivo. Estas empresas ofreceron aos alumnos e alumnas a oportunidade de realizar prácticas formativas nas súas instalacións ou mesmo entrar a formar parte dos seus equipos de traballo. E é que a pesar de contar coa formación adecuada, tan só o 5% das persoas coa síndrome de Down do noso país puido demostrar a súa valía laboral; por iso, para o colectivo é indispensable contar co apoio e a colaboración do tecido empresarial local.

Tanto as persoas participantes como os empresarios e empresarias compartiron as súas experiencias, destacando as vantaxes que ofrece para as empresas contar con persoas con discapacidade intelectual no seu equipo de traballo xa que, ademais de realizar as súas tarefas con meticulosidade e moita organización, melloran o clima laboral e transmiten alegría e optimismo aos seus compañeiros e compañeiras. Así, animaron a outras empresas a que aposten por políticas inclusivas que ofrezan oportunidades laborais a persoas con discapacidade intelectual.

No acto interviñeron a Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca; a Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Fabiola García; a Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos do Concello de Santiago, Concepción Fernández; o presidente da Fundación Down Compostela, Juan J. Martínez; e o responsable de Administracións Públicas de Vodafone España en Galicia, Jesús Sueiro.

O presidente da Fundación Down Compostela quixo dar a benvida a todas as persoas asistentes e o “parabén ás 8 persoas que acaban de terminar este curso de Fundación Vodafone España en Novas Tecnoloxías”. “Desde o inicio desta formación, 32 persoas de Down Compostela puideron formarse en novas tecnoloxías e 12 delas conseguiron un contrato de traballo”. Martínez quixo engadir que as persoas coa síndrome de Down “son traballadores e traballadoras útiles capaces de achegar moito nunha sociedade tan complexa como a que vivimos” e que “a formación é imprescindible para conseguir un posto de traballo hoxe en día”.

O responsable de Administracións Públicas da Fundación Vodafone España agradeceu a invitación a este acto poñendo de manifesto que “é unha honra estar hoxe aquí, nun evento enmarcado no convenio asinado en 2013 entre a Fundación Vodafone España e Down España”. “Desde a Fundación Vodafone España queremos ofrecer as ferramentas necesarias para que as persoas coa síndrome de Down adquiran os coñecementos necesarios que faciliten a súa inclusión no mundo laboral”. Sueiro destacou que “desde o inicio da formación ‘Yo me prep@ro’ case 1.000 persoas participaron na mesma e máis de 300 conseguiron un emprego” e quixo reivindicar “máis iniciativas como esta por ser sumamente importantes para que todos os colectivos teñan a súa oportunidade”.

Pola súa banda, a Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade quixo “agradecer á Fundación Down Compostela que contasen coa administración autonómica nun acto destas características” e “felicitar ás empresas que fan posible a inclusión laboral para que se converta nunha realidade máis palpable”. Quixo pechar a súa intervención destacando que “aínda queda moito camiño por andar en canto á inclusión laboral”.

Durante a súa intervención, a Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos do Concello de Santiago deu o “parabén aos participantes tras máis de 700 horas de esforzo e traballo” e destacou a importancia deste tipo de iniciativas colaborativas. Fernández deixou constancia de que “a educación é o mellor investimento que pode facer unha sociedade, xa que é o mellor camiño para lograr a inclusión laboral e a igualdade de oportunidades”.

Para pechar a quenda de intervencións, a Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia resaltou que “falar de emprego é falar de cooperación, de formación e de capacitación”. Tamén quixo facer fincapé na necesidade de “programas como este porque hai que traballar porque todos e todas teñamos unha vida digna”.

Tras as intervencións institucionais, tivo lugar a mesa de experiencias, na que os responsables da cervexaría-tapería Milongas expuxeron as súas impresións tras a contratación de Daniel Pombo, usuario da Fundación Down Compostela, como axudante de camareiro.

Así, José e Mariano Rivas destacaron que a experiencia está a ser “boísima” e que a idea de contratar a unha persoa coa síndrome de Down xurdiu tras ler nun xornal local “unha noticia sobre outra empresa contratante”. “É impresionante ver como se esforzan en conseguir as cousas”. Ademais, quixeron destacar o traballo dos preparadores laborais da Fundación porque “fixeron un traballo espectacular”.

Marcos Reimunde, responsable de Recursos Humanos de Milongas, destacou que “é unha aprendizaxe continua no que ves a súa ilusión e as súas ganas de traballar”.

Por último, Daniel Pombo, explicou o seu día a día no local onde o seu traballo consiste “en atender aos clientes, servir e recoller mesas, montar a terraza, cambiar as cartas de almorzos polas de comidas, revisar os baños, montar as mesas de comedor, encher os servilleteros, varrer e fregar o almacén e calquera outra tarefa que me manden”. O mozo confesou que “este é o meu primeiro traballo e grazas a Mariano e a Jose cumprín un soño. En realidade, varios soños: conseguir un traballo, ser camareiro, gañar o meu propio diñeiro e poder seguir soñando. Agora tócame pensar en que me vou a gastar o diñeiro”.

 

O programa ‘Yo me prep@ro’

O obxectivo do programa ‘Yo me prep@ro’, que celebra a súa cuarta edición, é proporcionar ás persoas con discapacidade intelectual as ferramentas e estratexias necesarias en aspectos crave como o uso adecuado das TIC: programas informáticos, navegación por Internet, acceso a redes bancarias informatizadas ou aplicacións móbiles. Todo co obxectivo de axudarlles a salvar a fenda dixital que lles pode condicionar á hora de atopar un posto de traballo normalizado, mellorar a súa autonomía e levar unha vida o máis plena e independente posible.

Na súa formación contan co apoio de catro novos vídeo-tutoriais que, a través dunha linguaxe sinxela e accesible, reforzarán os coñecementos ofrecidos no proxecto, e permitirán a calquera persoa usuaria comprender como se obtén e para que serve o DNI electrónico, descargar apps para Smartphone ou manexar con soltura aplicacións como WhatsApp.

Tras o éxito de anteriores edicións o proxecto afronta este cuarto ano a nivel nacional con renovado impulso, pois superou as expectativas tanto no número de prácticas conseguidas como na cifra de contratacións alcanzadas: sumados aos contratos laborais para alumnos e alumnas conseguidos nos anos previos, ‘Yo me prep@ro’ conseguiría durante os seus catro anos de execución un total de 319 insercións laborais en empresas ordinarias de todo o país.

 

Convenio marco

A realización deste proxecto enmárcase dentro do Convenio Marco subscrito o 8 de novembro de 2013 entre Fundación Vodafone España, Plena Inclusión e Down España para a realización de actividades conxuntas en materia de accesibilidade e inserción laboral que redunden en mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade intelectual.

Este convenio busca fomentar a innovación tecnolóxica aplicada á accesibilidade e fai especial fincapé naquelas iniciativas que contribúan á participación das persoas con discapacidade intelectual no ámbito laboral a través de proxectos piloto de innovación e  sesións formativas e de divulgación.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’
6 Xuño, 2022
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}