Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Coruña inaugura a exposición fotográfica “Bailamos bajo la lluvia”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Coruña inaugura a exposición fotográfica “Bailamos bajo la lluvia”

7 Xuño, 2018

» Down Coruña inaugura a exposición fotográfica “Bailamos bajo la lluvia”

A Sede Afundación de A Coruña (Cantón Grande, 8) acolle a exposición fotográfica «Bailamos bajo la lluvia», obra dos fotógrafos Ana Amado e Rober Amado e organizada pola Asociación Down Coruña coa colaboración da Xunta de Galicia e Afundación.

A inauguración terá lugar ás 20:00h desta tarde, nun acto que contará coa presenza da fotógrafa Ana Amado; o presidente da Asociación Down Coruña, Manuel Álvarez Esmorís; a xefa territorial de Política Social da Xunta de Galicia, María Francisca Gómez; e o director-xerente de  Afundación, Pedro Otero. Para finalizar, un grupo de bailaríns con discapacidade intelectual da Escola Artestudio Xestión Cultural da Coruña ofrecerán unha actuación de baile.

A exposición está composta por 54 fotografías que ofrecen instantes da actividade cotiá das persoas usuarias de Down Coruña, fuxindo así da condescendencia habitual coa que se afai a presentar a este colectivo. Os e as protagonistas aparecen bailando e representando escenas de coñecidas películas musicais para achegar ao espectador unha das actividades que mellor saben facer e que máis gozan.

Ana Amado, autora das fotografías, explica que “se trataba de dar un enfoque positivo, plasmar as cousas que saben facer; e como o que lles gusta é a música e bailar, pois os puxemos a bailar”.

Pola súa banda, Manuel Álvarez Esmorís, presidente de Down Coruña comenta que “o máis importante é que a xente, a través destas fotografías, poida visualizar e cambiar a percepción que teñen das persoas coa síndrome de Down”.

Esta mostra é xa todo un éxito, posto que o pasado mes de marzo converteuse nunha das finalistas na categoría “Contemporary  issues” dos prestixiosos premios Sony World Photography Awards celebrados en Londres. A colección de fotografías, elixida entre máis de 320.000 traballos presentados por fotógrafos de 200 países, estivo exposta no edificio Somerset House da capital británica desde o 20 de abril ata o 6 de maio.

«Bailamos bajo la lluvia» poderase visitar do 8 ao 23 de xuño, de luns a venres en horario de 17.00 a 21.00h e os sábados de 12.00 a 14.00h e de 17.00 a 21.00h.

Entradas relacionadas

Tres mozos de Down Coruña desfrutan da experiencia de vivir de forma independente
31 Agosto, 2023
CERMI Galicia esixe garantir a efectividade da participación política das persoas con discapacidade
3 Maio, 2023
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda cun gran X na Praza da Quintana
3 Abril, 2023
Teima e Down Coruña galardoadas cos Premios Boas Prácticas da Deputación da Coruña
10 Marzo, 2023
Á venda o calendario solidario de Down Coruña 2023
29 Decembro, 2022
Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}