Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Xuntos e Fundación Vodafone España certifican a persoas coa síndrome de Down preparadas para dar o salto ao mercado laboral

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Xuntos e Fundación Vodafone España certifican a persoas coa síndrome de Down preparadas para dar o salto ao mercado laboral

14 Xuño, 2018

» Xuntos e Fundación Vodafone España certifican a persoas coa síndrome de Down preparadas para dar o salto ao mercado laboral

Esta mañá tivo lugar no Pazo de Mugartegui (Pontevedra) ‘Estamos prep@rados’, un acto de recoñecemento no que Down Pontevedra Xuntos e Fundación Vodafone España entregaron diplomas aos 8 mozos e mozas coa síndrome de Down que superaron o programa ‘Yo me prep@ro’ de formación en Novas Tecnoloxías. Con este certificado, ambas as entidades acreditan que as persoas participantes adquiriron as destrezas en TIC´s que lles permitirán formar parte do mercado laboral ordinario: manexar programas ofimáticos, usar diversas aplicacións móbiles ou navegar por Internet e mandar correos, entre outras habilidades.

A encargada de repartir estes títulos foi a responsable local do programa ‘Yo me prep@ro’, Paula Villaverde Gondar, que tamén entregou diplomas ás empresas participantes no programa polo seu apoio á inclusión laboral do colectivo: Sincofa S.L., Deputación de Pontevedra, Arume Alimentación Saudable Galega, Asociación Manaia, BBVA, A’Devesa e Alcampo SAU. Estas empresas ofreceron aos alumnos e alumnas a oportunidade de realizar prácticas formativas nas súas instalacións ou mesmo entrar a formar parte dos seus equipos de traballo. E é que a pesar de contar coa formación adecuada, tan só o 5% das persoas coa síndrome de Down do noso país puido demostrar a súa valía laboral; por iso, para o colectivo é indispensable contar co apoio e a colaboración do tecido empresarial local.

Tanto as persoas participantes como os e as empresarias compartiron as súas experiencias, destacando as vantaxes que ofrece para as empresas contar con persoas con discapacidade intelectual nos seus equipos de traballo xa que, ademais de realizar as súas tarefas con  meticulosidade e moita organización, melloran o clima laboral e transmiten alegría e optimismo aos seus compañeiros e compañeiras. Así, animaron a outras empresas a que aposten por políticas inclusivas que ofrezan oportunidades laborais a persoas con esta discapacidade intelectual.

No acto interviñeron a deputada da área de Emprego, Monserrat Magallanes; o secretario territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Ramón Pereiro; a concelleira de Benestar Social e Deportes do Concello de Pontevedra, Anxos Riveiro; o responsable de Administracións Públicas de Vodafone España en Galicia, Jesús Sueiro; e o presidente de Down Pontevedra Xuntos, Manuel Pérez.

A deputada da área de  Emprego comezou resaltando a importancia da formación para acceder ao mercado laboral. Tamén afirmou que a sociedade “necesita esa integración real e efectiva tratando de eliminar aquelas barreiras que fan que, para algunhas persoas, sexa un pouco máis difícil conseguir o que todos queremos: que é desenvolver un horizonte, un proxecto de vida e ser, en definitiva, independentes social e economicamente”.

O secretario territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra aproveitou a ocasión para lembrar o compromiso da Xunta “coa visibilidade e concienciación pública respecto á  síndrome de Down”.

Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social e Deportes declarou estar moi orgullosa do traballo da Asociación e incidiu na importancia do programa ‘Yo me prep@ro’: unha acción que, nas súas palabras, “parece digna de ser coñecida e recoñecida”.

Durante a súa intervención, o responsable de Administracións Públicas de Vodafone España en Galicia destacou a importancia da formación en Novas Tecnoloxías para a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down e quixo agradecer aos participantes do programa a súa involucración: “é un orgullo o que conseguistes; pola nosa banda, puxemos á vosa disposición as ferramentas para que vós poidades aprender e acceder a un emprego”.

O presidente de Down Pontevedra Xuntos explicou o programa, que definiu como “un ambicioso proxecto de formación nas Novas Tecnoloxías para persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais co que se pretende facilitar a súa inserción laboral”.

Durante o acto tamén interveu a xerente de Panaderías A’Devesa, unha das empresas recoñecidas, que contou a súa experiencia coa contratación de Helga García, participante do programa ‘Yo me prep@ro’: “Todos os comezos son complicados pero Helga tivo que ir un paso máis aló porque estaba en todas as tendas, tivo que coñecer e adaptarse a once encargadas diferentes, once equipos de traballo e once costumes. A verdade é que foi un pracer a experiencia”. Pola súa banda, Helga destacou a relación cos seus compañeiros e compañeiras de traballo: “Gustoume moito traballar en Panaderías A’Devesa, tiven moi boas compañeiras que me axudaron”.

 

O programa ‘Yo me prep@ro’

O obxectivo do programa ‘Yo me prep@ro’, que celebra a súa cuarta edición, é proporcionar ás persoas con discapacidade intelectual as ferramentas e estratexias necesarias en aspectos crave como o uso adecuado das TIC: programas informáticos, navegación por Internet, acceso a redes bancarias informatizadas ou aplicacións móbiles. Todo co obxectivo de axudarlles a salvar a fenda dixital que lles pode condicionar á hora de atopar un posto de traballo normalizado, mellorar a súa autonomía e levar unha vida o máis plena e independente posible.

Nesta edición recibiron formación en novas tecnoloxías 8 persoas usuarias de Down Pontevedra Xuntos, que adquiriron as competencias necesarias para poder desempeñar un posto de traballo coa normalidade e eficacia de calquera empregado ou empregada. Estes mozos e mozas da provincia de Pontevedra sumaranse a outros en diversas provincias, alcanzando un total de 960 persoas que recibirán esta formación en toda España.

 

Entradas relacionadas

Xuntos e a corporación municipal reivindican a importancia da inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}