downgalicia@downgalicia.org981581167
FacebookInstagramTwitterYouTubeFlickr
Down Galicia
Down Galicia
Síndrome de Down e inclusión
  • Galego
    • Español
    • English
 
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

BBVA percorre o Camiño de Santiago polo programa de inclusión educativa de Down Galicia

  • Traballamos

  • Medramos

  • Aprendemos

BBVA percorre o Camiño de Santiago polo programa de inclusión educativa de Down Galicia

18 Xuño, 2018

» BBVA percorre o Camiño de Santiago polo programa de inclusión educativa de Down Galicia

Desde o pasado venres e ao longo de todo o fin de semana, persoas traballadoras e amigos e amigas de BBVA realizaron o Camiño Francés en bicicleta. O diñeiro recadado coas achegas por participar nesta actividade será destinado de maneira íntegra a apoiar o labor de catro asociacións sen ánimo de lucro: ASDEGAL, Federación Síndrome de Down Castela e León, Down Galicia e Fundación  Lukas.

Tras dous días e medio de intenso pedaleo, os participantes desta iniciativa foron escoltados pola Policía Local de Santiago de Compostela e Protección Civil na súa chegada á Praza do Obradoiro. Este lugar emblemático foi o escenario da entrega dos cheques ás catro asociacións. Concepción Fernández en representación do Concello de Santiago de Compostela, Fernando Ruiz, Javier Arias e José Manuel Martín en representación do Territorial Noroeste de BBVA e  Pablo Palacio, en representación de BBVA  Asset  Management, foron as persoas encargadas de facer a entrega.

Combinando solidariedade, traballo en equipo e deporte, propuxéronse o reto de percorrer os 790 km que separan Roncesvalles de Santiago en 56 horas, sen paradas. Para completar este asombroso fito nun período tan curto de tempo, o camiño dividiuse en 30 etapas de 30 km cada unha que se completaron por substitucións levando como testemuña un bidón ciclista.

O que comezou como unha actividade de lecer entre amigos e amantes do deporte terminou sendo un proxecto solidario de gran envergadura, que nas súas dúas edicións logrou reunir a máis de 300 participantes e recadar máis de 8.000 euros. Javier Arias, empregado de BBVA e un dos promotores desta iniciativa, destacou: “Este proxecto é un pequeno soño, unha pequena tolemia, que se nos ocorreu a varios amigos andando en bicicleta. Era unha iniciativa pioneira, que nunca se tentou facer en España: un camiño de Santiago sen paradas, por equipos, e organizado por unha empresa con fins solidarios. É un orgullo pertencer a unha entidade que continuamente está a crear oportunidades nas sociedades onde está presente”.

Aquela tolemia fíxose realidade e en 2017 140 persoas pedalearon por equipos os 780 km que compoñen o camiño francés. O resultado foi todo un éxito e conseguiron recadar máis de 4.000 euros que foron destinados a proxectos solidarios. Por iso non dubidaron en volver repetir este ano a experiencia e o que era un pequeno soño cumpre xa a súa segunda edición facendo honra ao seu nome, Solidarios Non Stop.

 

Sobre Solidarios  Non Stop

Esta segunda edición de BBVA AM Solidarios Non Stop está organizada por BBVA Asset  Management, unidade do Grupo BBVA que engloba as xestoras de fondos de investimento e pensións. O propósito desta iniciativa é, un ano máis, contribuír con diferentes proxectos de catro asociacións sen ánimo de lucro. Todos eles están destinados a poñer ao alcance dos colectivos máis desfavorecidos as oportunidades desta nova era.

Nesta ocasión Down Galicia destinará esta achega ao seu proxecto de inclusión educativa do que, actualmente, benefícianse ao redor de 150 nenos e nenas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Entradas relacionadas
CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario
7 Abril, 2022
Down Galicia e ACDgal alíanse para promover o envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
5 Abril, 2022
Máis novas
Multimedia
Publicaciones
Revista down
Búsqueda de empleo
Envellecimiento Activo
Colaboradores
Identidade Corporativa
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
    
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto





Calidad AenorCalidad Aenor
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}