Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Ourense e Fundación Vodafone España premian a empresas ourensás por promover a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Ourense e Fundación Vodafone España premian a empresas ourensás por promover a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

18 Xuño, 2018

» Down Ourense e Fundación Vodafone España premian a empresas ourensás por promover a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

Once empresas ourensás, participantes no programa ‘Yo me prep@ro’, recolleron esta mañá o diploma ‘Estamos prep@rados’ por ofrecer oportunidades laborais a persoas coa síndrome de Down, vendo recoñecido desta forma o seu apoio na inserción laboral do colectivo. O acto, organizado por Down Ourense e Fundación Vodafone España, tivo lugar esta mañá na Confederación de Empresarios de Ourense.

Fundación San Rosendo, Pérez Rumbao, Domino´s Pizza, Refigal, Rodríguez López Auto,  Feuvert, Primux, Ferrovial e Campsa ofreceron aos alumnos e alumnas do programa a oportunidade de realizar prácticas formativas nas súas instalacións, ou mesmo entrar a formar parte dos seus equipos de traballo. E é que a pesar de contar coa formación adecuada, tan só o 5% das persoas coa síndrome de Down do noso país puido demostrar a súa valía laboral; por iso, para o colectivo é indispensable contar co apoio e a colaboración do tecido empresarial local.

Durante o acto, que foi presidido polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, tamén se fixo entrega dun diploma aos 8 mozos e mozas coa síndrome de Down que participaron e superaron o programa. Con este certificado, ambas as entidades acreditan que as persoas participantes adquiriron as destrezas en TIC´s que lles permitirán formar parte do mercado laboral ordinario: manexar programas ofimáticos, usar diversas aplicacións móbiles ou navegar por Internet e mandar correos, entre outras habilidades.

Tanto os mozos e mozas como os empresarios e empresarias compartiron as súas experiencias, destacando as vantaxes que ofrece para as empresas contar con persoas con discapacidade intelectual entre os seus equipos de traballo xa que, ademais de realizar as súas tarefas con  meticulosidade e moita organización, melloran o clima laboral e transmiten alegría e optimismo aos seus compañeiros e compañeiras. Así, animaron a outras empresas a que aposten por políticas inclusivas que ofrezan oportunidades laborais a traballadores e traballadoras con esta discapacidade intelectual.

No acto interviñeron a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz; a concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Ourense, Sofía Godoy; a vicepresidenta da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), Marisol Novoa; o responsable de Administracións Públicas de  Vodafone España en Galicia, Severino  Castromán; e Sonia González, membro da Xunta Directiva de Down Ourense.

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense destacou a importancia deste tipo de programas formativos en Novas Tecnoloxías para favorecer o acceso ao emprego, do que dixo que “debe de ser a ferramenta esencial para que unha persoa sexa un membro activo da sociedade”.

A concelleira de Asuntos Sociais tamén se pronunciou respecto diso: “Grazas á segunda edición de programas como este, 16 persoas puideron romper os medos ás novas tecnoloxías. Agradecemos a colaboración da Fundación Vodafone España e de Down España, xa que programas como estes son os que permiten a inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual”.

Pola súa banda, a vicepresidenta da CEO tamén agradeceu ás entidades involucradas no desenvolvemento do programa que poñan “ferramentas para romper barreiras, xa que cremos que isto é fundamental para que o colectivo poida incluírse na sociedade e salvar, así, a fenda dixital existente”.

O responsable de Administracións Públicas de Vodafone España en Galicia aproveitou a ocasión para dar o parabén aos alumnos e alumnas que “son os verdadeiros protagonistas e demóstrannos que se pode avanzar”. Tamén animou a outras empresas a que participen neste programa.

Durante a súa intervención, a representante da Xunta Directiva de Down Ourense deu as grazas a Fundación Vodafone España por “proporcionar oportunidades como estas que permiten que persoas coa síndrome de Down e discapacidade Intelectual se formen en novas tecnoloxías, tan indispensables no mundo actual”.

Ao termo, Eva Fraga, alumna do programa ‘Yo me prep@ro’, contou a súa experiencia persoal como auxiliar de comedor nunha residencia de anciáns e aproveitou para facer un chamamento ás empresas para que dean oportunidades a persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual.

Tamén interviñeron o director de Recursos Humanos da Fundación San Rosendo, Daniel Novoa, que falou da súa experiencia coa contratación de Verónica Pardellas, da que dixo que foi “un claro exemplo de éxito laboral”. Pola súa banda, a directora da Residencia Divino Mestre e Grupo Caldaria, Mónica Pereira, relatou a súa experiencia con outra das participantes, Andrea Iglesias, que pouco a pouco se fixo un oco na empresa e “adaptouse moi rapidamente ao programa, ao centro e ao resto dos seus compañeiros e compañeiras. Estamos moi agradecidos a Andrea en todas as súas vertentes”.

 

O programa ‘Yo me prep@ro’

O obxectivo do programa ‘Yo me prep@ro’, que celebra a súa cuarta edición, é proporcionar ás persoas con discapacidade intelectual as ferramentas e estratexias necesarias en aspectos crave como o uso adecuado das TIC: programas informáticos, navegación por Internet, acceso a redes bancarias informatizadas ou aplicacións móbiles. Todo co obxectivo de axudarlles a salvar a fenda dixital que lles pode condicionar á hora de atopar un posto de traballo normalizado, mellorar a súa autonomía e levar unha vida o máis plena e independente posible.

Nesta edición recibiron formación en novas tecnoloxías 8 persoas usuarias de Down Ourense que adquiriron as competencias necesarias para poder desempeñar un posto de traballo coa normalidade e eficacia de calquera empregado ou empregada. Estes alumnos e alumnas de Ourense sumaranse a outros en diversas provincias, alcanzando un total de 960 mozos en toda España.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’
6 Xuño, 2022
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}