DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

CERMI esixe garantir o dereito á educación inclusiva do alumnado con discapacidade

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» CERMI esixe garantir o dereito á educación inclusiva do alumnado con discapacidade

O Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI) esixiu a implantación dun único modelo de educación inclusiva no que poida ser escolarizado todo o alumnado con discapacidade, algo que “é unha obrigación legal recollida na Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e que en cambio, a lexislación educativa en España recolle case como un brinde ao sol”.

Así o puxo de manifesto o delegado do CERMI Estatal para os Dereitos Humanos e a Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade, Jesús Martín Branco, nunha reunión de traballo que se celebrou na sede da entidade co fin de analizar a situación actual tras a recente condena da ONU a España polos incumprimentos dos mandatos legais en materia de educación inclusiva.

A pesar dos avances que se produciron, Jesús Martín alertou de que case o 20% dos estudantes con discapacidade están escolarizados en centros de educación especial, o que “supón un fracaso de toda a sociedade”. De feito, criticou a contradición que xera o feito de que se acepte que haxa persoas que por razón de discapacidade estuden de maneira “ segregada”, algo que non se permitiría por calquera outro motivo.

En todo caso, Martín Branco puxo en valor a “claridade” e “nitidez” do informe da ONU sobre a educación inclusiva en España, “aínda que por outra banda, é desolador que che digan que no teu país non se respecta o dereito á educación inclusiva dos nenos e nenas con discapacidade”. Ademais, puntualizou que non se trata de desaproveitar o “enorme talento” dos centros de educación especial e os seus profesionais, senón que acheguen a súa “enorme experiencia” ao sistema inclusivo.

Ao seu xuízo, educar na diversidade é moi importante para crear unha sociedade inclusiva. A educación é básica, porque non se pode pretender que haxa persoas que de adultas aposten por lexislar en favor da discapacidade se non a coñeceron nin conviviron con ela. Se empezamos de cero, non haberá que facer posteriormente labor de sensibilización, posto que as novas xeracións virán xa educadas en inclusión”, remachou Martín Branco.

Pola súa banda, a coordinadora da Comisión de Educación do CERMI Estatal, Carmen Jáudenes, puxo o foco en desmentir a crenza errónea relativa a que a presenza de alumnado con discapacidade prexudica ao propio estudante con discapacidade e retarda o ritmo do resto de compañeiros e compañeiras. “Iso non é certo. O nivel de calidade e cumprimento de estándares está por encima da media porque achega valor a todo o mundo e dá outra visión á forma de traballar e de estar dentro da escola”, expuxo.

Entradas relacionadas
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
14 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
O movemento CERMI manifesta a súa “extrema preocupación” pola “pésima” evolución do emprego de persoas con discapacidade
18 Decembro, 2020
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
O movemento CERMI esixe que as persoas con discapacidade estean presentes na reconstrución social e económica trala pandemia
3 Decembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
  • Down Ourense revalida o Sello ONG Acreditada outorgado pola Fundación Lealtad
  • Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade