Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia esixe que a normativa educativa garanta a igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade intelectual

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia esixe que a normativa educativa garanta a igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade intelectual

27 Xuño, 2018

» Down Galicia esixe que a normativa educativa garanta a igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade intelectual

Tralo recente informe de Nacións Unidas no que a organización internacional acusa ao sistema educativo español de vulnerar os dereitos das persoas con discapacidade, Down Galicia considera urxente a reforma da lexislación educativa e a implantación dun sistema que respecte o principio de educación inclusiva, baseado na igualdade de oportunidades e que non discrimine ás persoas por razón da súa discapacidade. A Federación leva desde hai anos poñendo de manifesto que o sistema educativo español é discriminatorio coas persoas coa síndrome de Down e vulnera o establecido na Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

Para Down Galicia a educación é un piar fundamental no desenvolvemento de calquera sociedade. As sociedades avanzadas deben estar dotadas de institucións capaces de garantir este dereito a toda a poboación, sen excluír a ningún individuo por ningunha causa.

A sociedade na que vivimos é plural e diversa e esa realidade ha de ser a bandeira da educación. Según Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, “se se segrega ao alumnado, sexa cal sexa a causa, sobre todo nunha idade temperá, non se avanza na construción dunha sociedade tolerante e respectuosa coa diferenza e coa diversidade. A convivencia enriquece tanto a aquelas persoas que presentan algunha dificultade como ao resto”.

O dereito a unha educación inclusiva está avalado pola Convención Internacional da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, que no seu artigo 24 recoñece que “os Estados asegurarán un sistema de educación inclusivo a todos os niveis para as persoas con discapacidade”. Esta Convención foi ratificada en 2008 e aprobada por unanimidade polo noso Parlamento e é de obrigado cumprimento en España ao ter rango de tratado xurídico internacional de Dereitos Humanos.

 

Lexislación segregadora e non inclusiva

Neste sentido, a actual lexislación en materia educativa, a  Ley Orgánica de Mejora de la Calidad Educativa (LOMCE), resulta especialmente preocupante. A Federación Down Galicia amosouse dende un primeiro momento contrario a esta norma, posto que é claramente segregadora ao establecer itinerarios excluíntes e seleccionar e clasificar ao alumnado, perdendo a Educación o seu carácter compensador. Así mesmo, esta lei non garante que aquelas persoas con dificultades na aprendizaxe conten coa atención adecuada, provocando que a calidade educativa descenda enormemente, e non descarta a idea de favorecer a especialización dos centros.

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, considera que a LOMCE “provoca un retroceso irreversible nos pasos e avances conseguidos en materia de integración e inclusión escolar”. Prieto fai fincapé en que neste momento estamos a vivir “unha etapa de auténtica involución, abocando á marxinación a unha gran parte da poboación”.

Un claro exemplo desta lexislación son as Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar da Consellería de Educación, que contempla unha clara diferenciación entre aquel alumnado con necesidades educativas de apoio, con menos do 65% de discapacidade, escolarizado en centros ordinarios ou aquel escolarizado en centros de educación especial.

Os nenos e nenas con discapacidade entre o 33% e o 64% escolarizados en centros de educación especial reciben 250€ para gastar en libros ou material didáctico e complementario sen ter en conta a renda per cápita familiar, mentres que para aqueles que están escolarizados en centros ordinarios nos que non hai unidade de educación especial si se ten en conta. Ademais, os alumnos e alumnas escolarizadas en centros ordinarios reciben, no caso das rendas máis baixas, unha axuda máxima de 170€ en primaria e 180€ en secundaria, moi lonxe dos 250€ outorgados nas escolarizacións en educación especial.

Polo tanto, o alumnado escolarizado en centros ordinarios está comparativamente menos apoiado. Na Federación cremos que, con independencia do seu grao de discapacidade ou do centro que escolla para ser educado, todo o alumnado con necesidades educativas de apoio escolar e discapacidade igual ou superior a 33% debe recibir axuda nas mesmas condicións.

Down Galicia iniciou no ano 2014 a súa loita para que esta Orde fose menos excluínte, solicitando á Consellería de Educación que revisase os criterios para acceder a estas axudas e solicitando que se contemplasen as mesmas condicións para o alumnado con discapacidade igual ou superior ao 33% independentemente do centro educativo, ordinario ou específico, no que estivese escolarizado. Estas peticións foron desbotadas pola propia Administración, considerando que “non hai discriminación nin vulneración do dereito á igualdade de oportunidades”. Delmiro Prieto considera que esta resposta non se axusta á realidade da orde e esixe máis ambición por parte da administración autonómica se o que se pretende é paliar os efectos negativos da LOMCE.

Entradas relacionadas

Down Galicia lanza unha actualización da súa guía con normas e recomendacións sobre lectura fácil
27 Setembro, 2023
Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Lugo e CPR Inmaculada Maristas de Lugo apostan pola inclusión educativa
28 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}