DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Persoas usuarias de entidades Down en Galicia acreditan a súa participación nos proxectos de formación prelaboral da Federación

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Persoas usuarias de entidades Down en Galicia acreditan a súa participación nos proxectos de formación prelaboral da Federación

Esta mañá, 60 persoas usuarias de entidades Down en Galicia recibiron no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia un diploma acreditativo da súa participación en algún dos tres proxectos de formación prelaboral levados a cabo durante o último ano pola Federación Down Galicia.

O acto, presidido polo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e pola Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, contou coa participación de persoas usuarias de varias entidades do ámbito social, participantes das distintas accións formativas financiadas pola propia Consellería a través das subvencións destinadas para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia. Estas actuacións están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Nesta ocasión, a Federación levou a cabo tres proxectos dos que puideron beneficiarse 101 persoas usuarias das distintas entidades Down de Galicia, e que contaron cun financiamento total de 120.573,71€ para a súa realización.

O primeiro deles centrouse na preparación de oposicións autonómicas e estatais e tivo como principal obxectivo garantir aos participantes a adquisición e mellora das competencias necesarias para presentarse a un proceso de oposición e superalo con éxito.

O segundo tiña por obxecto mellorar a alfabetización e exercitar as habilidades instrumentais básicas das persoas participantes, o que lles permitirá unha maior competencia social á hora de desenvolverse de maneira autónoma en actividades da súa vida cotiá.

Por último, o proxecto Formación prelaboral e estimulación cognitiva de persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual tiña como meta mellorar e exercitar as funcións cognitivas nas persoas participantes como base para lograr unha mellora da autonomía, das habilidades prelaborais e da súa participación na comunidade.

A inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual e síndrome de Down é un proceso complexo. Estes proxectos ofrécenlle aos seus participantes a oportunidade de adquirir coñecementos e ferramentas que lles permitan ter a posibilidade de dispoñer dun traballo fixo, mellorando así a súa calidade de vida.

Desde Down Galicia non queremos deixar de destacar que este tipo de convocatorias son un gran avance, pois permiten financiar proxectos formativos orientados á adquisición de formación prelaboral e de habilidades para o desenvolvemento de actividades na vida cotiá, permitindo deste xeito unha preparación para unha futura inserción socio-laboral.

Entradas relacionadas
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
29 Decembro, 2020
Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
23 Decembro, 2020
“Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”
22 Decembro, 2020
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
  • Down Ourense revalida o Sello ONG Acreditada outorgado pola Fundación Lealtad
  • Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade