Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Mozos e mozas de Down Compostela fórmanse nun obradoiro de cociña fría e catering

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Mozos e mozas de Down Compostela fórmanse nun obradoiro de cociña fría e catering

18 Xullo, 2018

» Mozos e mozas de Down Compostela fórmanse nun obradoiro de cociña fría e catering

Quince mozos e mozas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais da Fundación Down Compostela están a participar no curso “Cociña de pratos fríos e catering” que organizan a entidade social e a Asociación Terras de Compostela.

Durante noventa horas, estes mozos e mozas adquirirán coñecementos sobre a elaboración de almorzos, canapés e pinchos, primeiros pratos sen lume e estupendas sobremesas. A través dunha metodoloxía participativa, o obradoiro inclúe diversas accións para a mellora da cualificación profesional das persoas participantes, e por conseguinte, fomenta a súa empregabilidade tanto por conta propia como a través do emprendemento.

O curso, que comezou o pasado 2 de xullo e que se estenderá ata o vindeiro 28 de setembro, está dirixido á poboación activa coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais do territorio de actuación do GDR Terras de Compostela e ten como obxectivo a capacitación das persoas participantes no perfil profesional de cociñeiro ou cociñeira, neste caso relacionado cos servizos de catering e cociña fría.

A formación laboral ten como obxectivo fundamental a capacitación dunha persoa e é unha excelente maneira de que aquelas que teñen discapacidade intelectual logren unha inclusión real no ámbito laboral ordinario. Por iso, a formación é un dos piares básicos na procura de emprego e un dos pasos previos para acadar unha vida máis autónoma.

Este plan de formación está financiado con cargo a medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 – Proxectos de formación coa finalidade de incrementar a empregabilidade da poboación activa do territorio (Submedida 19.2).

 

Entradas relacionadas

Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}