Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A comisaria europea de Dereitos Humanos advirte a España que non pode privar do dereito ao voto ás persoas con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A comisaria europea de Dereitos Humanos advirte a España que non pode privar do dereito ao voto ás persoas con discapacidade

19 Xullo, 2018

» A comisaria europea de Dereitos Humanos advirte a España que non pode privar do dereito ao voto ás persoas con discapacidade

A comisaria europea de Dereitos Humanos do Consello de Europa, Dunja Mijatovic, advertiu de que España non pode privar do dereito ao voto ás persoas con discapacidade intelectual, apoiando así a postura de María del Mar Caamaño, a nai de Mara, que recorreu ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TDHE) a sentenza do Tribunal Supremo que lle impide votar. A posición da comisaria europea foi aplaudida desde a Federación Down Galicia e a Fundación Down Compostela, á que pertence Mara, e que en todo momento apoiou a decisión da familia de recorrer, primeiro, ante o Tribunal Constitucional e, despois, ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

“Ninguén debería ser privado do seu dereito ao voto debido ás súas discapacidades. As persoas con discapacidades intelectuais e psicosociais non son unha excepción”, sinalou  Dunja  Mijatovic, coincidindo coa publicación das súas observacións escritas.

María del Mar Caamaño agradece o apoio da comisaria europea e espera que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos se pronuncie pronto e dea a razón a Mara. “Nós só estamos a pedir que se cumpra a Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade”, sinalou Mar Caamaño, agradecendo o posicionamento de  Dunja  Mijatovic.

O presidente de Down Compostela, Juan Martínez, resaltou a importancia do apoio de  Dunja  Mijatovic, e pide aos políticos españois “que dunha vez por todas antepoñan os dereitos das persoas con discapacidade a intereses partidistas e que reformen sen máis demora a Lei Electoral para dar cumprimento á Convención da ONU e á propia Constitución Española e evitar as situacións de discriminación que afectan a 100.000 españois e españolas con discapacidade que non poden votar”. Mar Caamaño e Juan Martínez participaron en febreiro de 2017 na manifestación que reclamaba ante o Tribunal Constitucional o dereito ao voto para as persoas con discapacidade.

As observacións do Comisionado baséanse no traballo da Oficina do Comisionado sobre o dereito de voto das persoas con discapacidade e unha visión xeral do Consello de Europa e as normas internacionais sobre este tema, comezando coa Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

A comisaria pronunciouse en calidade de “terceira parte”, unha figura prevista polo Convenio europeo de dereitos humanos e que nun xuízo permítelle ofrecer razoamentos vinculados cos feitos dun caso antes de que se resolva.

Mijatovic advirte de que privar ás persoas do dereito de voto baseándose na discapacidade, mesmo despois dunha avaliación feita por un xuíz sobre a capacidade cognitiva ou o estado de saúde mental da persoa, é contrario a estas normas. Tampouco os considera compatible con ningún obxectivo lexítimo e avisa de que supón discriminación.

“Nunha democracia moderna, ningún elector debe explicar por que vota a tal partido ou candidato”, engadiu a comisaria, segundo a cal a pesar da idea de que retirar o voto permite protexer a ese individuo en verdade “perpetúa a exclusión e o estigma e priva á sociedade de cargos que a representan en toda a súa diversidade”.

Nas súas conclusións, difundidas onte e enviadas ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos o pasado 9 de xullo, lembrou que os Estados deben cumprir certas “obrigacións positivas” para que persoas con discapacidade intelectual ou psicosocial poidan exercer o seu dereito. Entre elas, axudalas a entender en que consiste unha elección e como votar.

Mijatovic subliñou que o dereito a voto desas persoas debería defenderse “sen excepción” e destacou que a situación en España é representativa dunha tendencia máis xeral que prevalece en Europa, polo que lembrar a eses países as súas obrigacións podería “acelerar” os cambios necesarios.

 

100.000 persoas privadas de voto en España

O dereito ao voto das persoas con discapacidade intelectual é unha vella reivindicación do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), que estima que esta privación afecta a unhas 100.00 persoas en España.

Na actualidade, o Congreso dos Deputados tramita unha proposición de Lei de reforma electoral, exposta desde a Asemblea de Madrid, a suxestión precisamente do CERMI, que corrixiría a privación do dereito de sufraxio a persoas incapacitadas xudicialmente. Con todo, producíronse sucesivas dilacións na aprobación desta norma.

Segundo o CERMI, xa son sete países os que suprimiron as barreiras e restricións legais ao dereito de sufraxio universal para todas as persoas con discapacidade: Austria, Croacia, Italia, Países Baixos, Letonia, Suecia e Reino Unido.

Entradas relacionadas

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da nova lei de igualdade de trato e non discriminación
14 Xullo, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}