Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Santiago de Compostela acollerá o XVIII Encontro Nacional de Familias e o X Encontro de Irmáns de persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Santiago de Compostela acollerá o XVIII Encontro Nacional de Familias e o X Encontro de Irmáns de persoas coa síndrome de Down

22 Agosto, 2018

» Santiago de Compostela acollerá o XVIII Encontro Nacional de Familias e o X Encontro de Irmáns de persoas coa síndrome de Down

Como xa se anunciou na clausura dos encontros do ano pasado, Santiago de Compostela foi a cidade escollida para celebrar o XVIII Encontro Nacional de Familias e o X Encontro Nacional de Irmáns de Persoas coa síndrome de Down. A cita deste ano, co-organizada por Down España e Down Compostela, terá lugar no Hotel OCA-Porta do Camiño e no  Eurostars San Lázaro entre os días 6 e 9 de decembro e conta co financiamento de Fundación ONCE, Xunta de Galicia, Concello de Santiago de Compostela e Fundación Sanitas.

A organización está a pechar os detalles do programa onde dará prioridade, como noutras ocasións, ós talleres prácticos e ós espazos de debate, atendendo ás demandas recollidas nas avaliacións do  XVII Encontro Nacional de Familias celebrado o ano pasado en Chiclana de la Frontera-Sancti Petri.

Down España abrirá o prazo de preinscricións para estes encontros no mes de setembro e informará a través das súas canles (web, páxina de Facebook e perfil de Twitter oficiais), os pasos detallados a seguir para cumprimentar a preinscrición e o posterior pago.

Como noutras ocasións, as familias que queiran acudir á cita poderán  preinscribirse a través dunha aplicación que estará dispoñible na web de Down España. Cada familia  preinscrita recibirá un número.

Tras esta primeira fase de preinscrición, as prazas definitivas asignaranse a través dun sorteo  online no que tomarán parte os números de todas as familias preinscritas. Este sorteo realizarase durante a última semana de setembro. As familias que obteñan praza no sorteo terán entón un prazo de 7 días para realizar o pago da inscrición.

 

XVII Encontro Nacional de Familias e IX Encontro de Irmáns de persoas coa síndrome de Down

Un ano máis, Down España aposta pola organización da que é a cita máis esperada do ano polo colectivo. Unha oportunidade única para familias das asociacións federadas de potenciar o debate, a vinculación e o intercambio de experiencias na contorna do movemento asociativo.

Este XVIII Encontro Nacional de Familias de Persoas coa síndrome de Down ten como obxectivos:

  • Apoiar ás familias para facer posible o fomento da autonomía e vida independente dos seus fillos e fillas coa síndrome de Down.
  • Potenciar o debate, a vinculación e o intercambio de experiencias entre familias e irmáns de persoas coa síndrome de Down.
  • Gozar e compartir momentos de lecer e tempo libre con outras familias para aumentar a cohesión entre o colectivo de persoas coa síndrome de Down e as súas familias.
  • Dar protagonismo ás persoas coa síndrome de Down e ás súas familias.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
«Explicáronme que tiña síndrome de Down e entendín todo o que podía facer»
31 Marzo, 2022
O Xacobeo ilumina monumentos de Galicia co emblema das entidades Down para apoiar o Día Mundial da Síndrome de Down
18 Marzo, 2022
Súmate ao movemento #GraciasPorTanto polo Día Mundial da Síndrome de Down -21M-
16 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}