Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

“Teimamos para exercer os nosos dereitos, para que ninguén se quede sen a súa oportunidade”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

“Teimamos para exercer os nosos dereitos, para que ninguén se quede sen a súa oportunidade”

28 Agosto, 2018

» “Teimamos para exercer os nosos dereitos, para que ninguén se quede sen a súa oportunidade”

PREGÓN ÍNTEGRO DE TEIMA – FESTAS DE FERROL 2018
FOTO: César Toimil

Patricia Serantes, presidenta de Teima Down Ferrol:

Boas noites, Ferrol! Estamos moi contentos de estar aquí hoxe con todos vós. Non somos estrelas, non pretendemos selo. Somos Teima: pais, nais, fillos, fillas, avós, irmáns,… igual ca vós.

Somos Teimudos e Teimudas, que xa podemos contar 24 anos de historia traballando pola diversidade, para e por a inclusión social das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. Para conseguir desta cidade, e do mundo en xeral, un lugar onde todos e todas poidamos estar e participar, convivindo en igualdade de oportunidades.

Teima significa ter unha idea fixa e constante que se persegue. Gostamos de definirnos como teimudos e teimudas, sempre persistimos.

A nosa teima é ferrolanear, vivir Ferrol con intensidade, apostando polos recursos de esta cidade. Teimamos para exercer os nosos dereitos, para que ninguén se quede sen a súa oportunidade, para que todos e todas sexamos libres, para vivir en equidade.

Somos teimudos porque, como din os versos da seguinte invitada, aprendemos que ”Mejor vivir sin miedo, porque lo malo se nos va volviendo bueno….Sin miedo, no hay sueños imposibles ni tan lejanos… Sin miedo, las manos se nos llenan de deseos…”.

Pero iso, mellor cóntano eles.

 

Lucía e Manolo, membros de Teima Down Ferrol:

  • Desexamos ir á escola todos xuntos. É a maneira de aprender a valorar que todos somos importantes, que ninguén é menos, nin máis. Que nos temos que axudar, respectando as diferenzas que fan que todos sexamos especiais.
  • Desexamos traballar sen ter que mendigar, por dereito, por decisión, non porque nos fagan un favor.
  • Desexamos vivir con dignidade na nosa cidade, en parella ou sen ela, decidir o que nos peta.
  • Desexamos gozar do lecer, poder entrar aos bares, cafeterías, restaurantes ou outros lugares sen atopar barreiras; queremos miradas e actitudes confiadas.
  • Desexamos mollar os pés nas nosas praias e, se non, que poñan ramplas.
  • Desexamos ir ao cinema, ver pelis que nos interesen; Disney non é para sempre.
  • Non somos nenos ou mozos eternos, envellecer co resto de maiores é o noso desexo.
  • Desexamos coller o bus coa tranquilidade de que nos vexan con normalidade, non vimos doutro planeta, tamén somos desta cidade.
  • Desexamos non perder máis trens que os que non nos interesen por decisión propia, non porque o decida Feve, Renfe ou alguén que nin sequera nos coñece.
  • Os que somos de máis lonxe, Cedeira, A Capela, As Pontes… tamén desexamos ser parte desta cidade, pero a maioría das veces non temos forma de chegar.

 

Susana Pérez, profesional de Teima Down Ferrol:

Aquí é onde queren e queremos estar, acompañándoos, facendo os seus desexos realidade. Vivindo con intensidade , desfrutando destas festas. Ferrolaneando de verdade.

Porque Ferrol é de todos e todas, para todos, somos todas… Os que veñen, os que quedan, os que se van. E os que non poden estar. Precisamos de vós para poder sumar, ninguén pode quedar fóra… Todos queremos ser, estar e participar!!!

Desfrutade das festas, deste lugar, da súa gastronomía, das paisaxes sen igual. Destas rúas empedradas, cheas de historia, que nos fan lembrar que Ferrol ten moito que dar…

Inaugurar estas festas é un paso máis. Ferrol é cada vez máis noso.
E a nosa Teima xa é parte desta cidade.
Grazas Ferrol!

 

Pincha aquí para ver o vídeo do pregón en Facebook

Entradas relacionadas

Teima e Down Coruña galardoadas cos Premios Boas Prácticas da Deputación da Coruña
10 Marzo, 2023
Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
22 Marzo, 2022
Down Galicia realiza unha etapa do Camiño Inglés ao abeiro do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia
11 Setembro, 2021
Excelentes resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
30 Agosto, 2021
Down Galicia participa no seminario sobre o novo réxime xurídico da discapacidade organizado pola USC
22 Xullo, 2021
Un grupo de mozos e mozas de Teima gañan o Desafío Poético da Deputación da Coruña
3 Decembro, 2020
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}