Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A Fundación Mapfre recoñece o labor inclusivo de Down Pontevedra Xuntos

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Fundación Mapfre recoñece o labor inclusivo de Down Pontevedra Xuntos

24 Setembro, 2018

» A Fundación Mapfre recoñece o labor inclusivo de Down Pontevedra Xuntos

Down Pontevedra “Xuntos” recibiu hoxe, nun acto presidido pola Infanta Dona Elena de Borbón, unha mención especial da Fundación Mapfre pola súa traxectoria a favor da inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Este evento, no que tamén foron galardoadas outras entidades sociais e varias empresas galegas, serviu tamén de plataforma para que a Fundación Mapfre presentase o seu programa social de emprego e para que se desen a coñecer varias insercións laborais de éxito de persoas con discapacidade en empresas ordinarias da súa contorna.

O presidente de Down Pontevedra “Xuntos”, Manuel Pérez Cabo, foi o encargado de recoller o galardón en nome da Asociación e aproveitou a súa intervención para agradecer o recoñecemento, á vez que incidiu na necesidade de implicar a toda a sociedade para que as persoas con discapacidade intelectual poidan acceder ao mercado laboral en igualdade de condicións.

No acto, celebrado nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo, tamén foi recoñecida o labor das empresas Carmencitas Moda Infantil, Grupo Informático de Galicia, Chester Mobiliario, Alcampo Vilagarcía de Arousa e Serviocio, polo seu compromiso coa contratación de persoas con discapacidade e daquelas en situación de desemprego de longa duración.

Pola súa banda, a Infanta Dona Elena transmitiu os seus máis sinceros parabéns a todas as entidades galardoadas “pola súa implicación e compromiso coa contratación de persoas en situación de desemprego e en risco de exclusión social”; un agradecemento, sinalou, “que se fai extensivo ás máis de 7.600 empresas participantes no Programa Social de Emprego de Fundación Mapfre”.

Entradas relacionadas

Distribuciones Froiz contrata a catro persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
27 Decembro, 2022
A curta “Felisa e Manolo”, creada por membros de Xuntos, acada o primeiro premio do concurso “Curtas D-Medo” do Concello de Barro
9 Novembro, 2022
Mozos e mozas de Xuntos retoman o seu voluntariado na protectora Os Palleiros tralo parón pola COVID
16 Xuño, 2022
Xuntos invita á sociedade pontevedresa a sacar fotos pola inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
22 Marzo, 2022
A Deputación de Pontevedra colabora de novo na inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2022
Xuntos continúa coa súa aposta polo deporte inclusivo coa sinatura de tres convenios de colaboración
11 Xaneiro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}