Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

O Congreso dos Deputados recoñece o dereito a votar de 100.000 persoas con discapacidade intelectual

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Congreso dos Deputados recoñece o dereito a votar de 100.000 persoas con discapacidade intelectual

18 Outubro, 2018

» O Congreso dos Deputados recoñece o dereito a votar de 100.000 persoas con discapacidade intelectual

Esta mañá vivimos un fito histórico na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade: a aprobación da reforma da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (LOREG) que permitirá eliminar a posibilidade de que, nos procedementos de incapacitación legal, os xuíces poidan privar do dereito de voto a determinadas persoas por motivos asociados á súa discapacidade. Representantes do movemento asociativo da discapacidade e decenas de persoas con discapacidade foron testemuñas do debate desde a tribuna de invitados do Congreso dos Deputados.

Tras esta aprobación por unanimidade (con 142 votos a favor), o texto chegará ao Senado, onde con toda probabilidade será aprobado definitivamente. Despois, volverá á Cámara baixa onde se podería producir a aprobación definitiva da reforma da Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral (LOREG). Se se cumpren os prazos establecidos, a reforma da LOREG entraría en vigor antes do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade (3 de decembro).

Unha vez feita efectiva, os xuíces e tribunais non terán capacidade de decidir se unha persoa reúne as aptitudes para poder exercer o seu dereito ao voto, xa que a modificación desta lei suprime os apartados que, no seu artigo terceiro, establecen que carecen do dereito ao voto “os declarados incapaces en virtude de sentenza xudicial firme”. Segundo datos da Oficina do Censo Electoral, case 100.000 persoas con discapacidade atoparíanse nesta situación e, por tanto, privadas do dereito político fundamental a exercer o sufraxio.

Nas inmediacións do Congreso, responsables das entidades e persoas con discapacidade e as súas familias a título individual quixeron estar presentes para mostrar a súa satisfacción polo feito de que o Congreso dos Deputados dese luz verde a esta reivindicación. Estas persoas portaron caraveis e puideron conversar de maneira informal con deputados de diferentes grupos parlamentarios.

 

#MiVotoCuenta

Down España, o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) e Plena Inclusión celebraron en febreiro de 2017 unha concentración ante o Tribunal Constitucional co lema #MiVotoCuenta que contou co apoio de máis de 500 persoas.

Por mor desta concentración e a suxestión do  CERMI, a Asemblea de Madrid elevou unha iniciativa lexislativa, promovida polo Grupo Parlamentario Socialista e aprobada no parlamento rexional co respaldo de todos os grupos políticos, ao Congreso dos Deputados. O debate tivo lugar en novembro do ano pasado e recibiu o apoio unánime dos deputados e deputadas. En setembro, a reforma da lei superaba o seu primeiro paso lexislativo co ditame favorable da Comisión Constitucional da Cámara baixa e a súa posterior aprobación que tivo lugar hai unha semana.

O pasado mes de xullo, era o Consello de Europa o que se pronunciaba e advertía a España que non pode privar do dereito ao voto ás persoas con discapacidade. Así o manifestaba a comisionada europea de Dereitos Humanos do Consello de Europa, Dunja Mijatovic, nas súas observacións escritas presentadas ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos sobre o caso da española María del Mar Caamaño Vale contra España por retirarlle este dereito un tribunal.

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
CERMI Galicia expón as principais reivindicacións das persoas con discapacidade ante o Parlamento de Galicia
12 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
8 de marzo de 2022: Vinte e cinco anos de conquistas e reivindicación
8 Marzo, 2022
Down España recada fondos para axudar a familias de persoas coa síndrome de Down de Ucraína
4 Marzo, 2022
Xunta, FEGAMP e Terceiro Sector asinaron a nova Axenda Social Única de Galicia
4 Xaneiro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}