DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

De Vacas, Lucía Pérez, Coro da Rá e o Mago Rafa na conmemoración do 20 aniversario de Down Galicia

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» De Vacas, Lucía Pérez, Coro da Rá e o Mago Rafa na conmemoración do 20 aniversario de Down Galicia

A Federación Down Galicia cumpre dúas décadas de intenso traballo, de logros e progresos. A inclusión real na sociedade está a deixar de ser unha utopía para converterse nunha realidade, aínda que queda moito camiño por percorrer.

Desde o seu nacemento, o obxectivo prioritario da Federación foi conseguir que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais acadasen as máis altas cotas de auto xestión posibles para levar unha vida autónoma, tomar as súas propias decisións e formar parte da sociedade dunha maneira visible e inclusiva. Nestes vinte anos, Down Galicia e as súas entidades membro nunca deixaron de loitar, xunto con todos os estamentos sociais, para alcanzar este obxectivo.

 

Un gran evento para celebrar o 20 aniversario

Para celebrar o camiño percorrido, a Federación organiza esta fin de semana a Festa pola Inclusión, un gran evento lúdico-festivo repleto de música, humor, maxia e reivindicacións, que incluirá a entrega dos V Premios Down Galicia e a proxección da curta documental “Xeración Down”, na que se porán de manifesto os cambios sociais acontecidos ao redor da síndrome de Down nestas dúas décadas.

O cartel deste acontecemento único contará coas actuacións desinteresadas de De Vacas, un dos grupos galegos do momento, a cantante lucense Lucía Pérez, o divertido Coro da Rá e o Mago Rafa.

Este evento único, conducido por Sonia López e persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais usuarias das entidades Down, estará aberto a toda a sociedade galega e terá lugar este sábado 20 de outubro ás 20:00 horas no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela (Rúa do Preguntoiro, nº 23).

O recadado coas entradas, que teñen un custe de 10€, será integramente destinado ós programas que Down Galicia e as súas entidades levan a cabo e que actualmente dan servizo a 658 familias.

Calquera que o desexe, pode facerse coa súa entrada a través da web de Ataquilla de Abanca, no 902 504 500 ou nos seguintes puntos de venta físicos: Sede Afundación en Santiago de Compostela (R/ Vilar, 19), Sede Afundación en Vigo (R/ Policarpo Sanz, 26), Sede Afundación en A Coruña (Cantón Grande, 8) e Sede Afundación en Ourense (Praza Maior, 4).

E, por suposto, o propio día do evento na taquilla do Auditorio Abanca.

Ademais, todas aquelas persoas que non poidan asistir á Festa pola Inclusión, pero queiran colaborar coa Federación nunha data tan sinalada, poderán facelo a través de Paypal ou da Fila 0 habilitada para a ocasión: ES6920800376673040011066 (ABANCA).

Toda a información relativa a este evento e á traxectoria da Federación nestas últimas dúas décadas está dispoñible no “Especial 20 aniversario” da web de Down Galicia: www.downgalicia.org/20-aniversario

 

Colaboradores do evento

Para a consecución deste evento, Down Galicia contou con moitos colaboradores dos eidos público e privado que aportaron o seu grao de area mediante achegas económicas ou en especie.

Así, a Consellería de Política Social, Afundación-Obra Social Abanca, Lau Creaciones, Fontecelta, Toldos Gómez, Stampa, Abella Creativa e Eco Escuela de Arte colaboraron coa posta en marcha do 20 aniversario da Federación.

Entradas relacionadas
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
29 Decembro, 2020
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
O IGAPE colabora co proxecto contra a fenda dixital da Federación Down Galicia
2 Decembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
  • Down Ourense revalida o Sello ONG Acreditada outorgado pola Fundación Lealtad
  • Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade