DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Máis de 400 persoas asisten á conmemoración do 20 aniversario de Down Galicia

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Máis de 400 persoas asisten á conmemoración do 20 aniversario de Down Galicia

Máis de 400 persoas déronse cita esta tarde-noite no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela para celebrar o 20 aniversario da Federación Down Galicia. A entidade, que neste 2018 cumpre dúas décadas de intenso traballo a prol da inclusión real na sociedade das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, nunca deixou de loitar, xunto con todos os estamentos sociais, para alcanzar este propósito.

Así, desde o seu nacemento, o obxectivo prioritario da Federación foi conseguir que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais acadasen as máis altas cotas de auto xestión posibles para levar unha vida autónoma, tomar as súas propias decisións e formar parte da sociedade dunha maneira visible e inclusiva.

 

Un gran evento para celebrar o 20 aniversario

Para celebrar o camiño percorrido, a Federación organizou este sábado a Festa pola Inclusión, un gran evento lúdico e festivo repleto de música, humor, maxia e reivindicacións. Este acontecemento único, conducido pola presentadora Sonia López e persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais usuarias das entidades Down, contou coas actuacións desinteresadas da cantante lucense Lucía Pérez, o divertido Coro da Rá, o Mago Rafa e o grupo De Vacas.

Lucía Pérez, representante española de Eurovisión no ano 2011, compartiu con tódalas persoas asistentes tres temas do seu novo disco “Quince soles”, mentres que o magnífico Coro da Rá, dirixido por Ramón Bermejo, exhibiu o seu grande talento con tres pezas a cinco voces.

O tempo para o ilusionismo chegou da man do Mago Rafa, que conseguiu deixar a todo o mundo coa boca aberta cos seus incribles trucos de maxia.

Por último, o grupo compostelá De Vacas pechou este evento solidario cos seus éxitos “Unha noite máis”, “Amodiño” e “De noite e de día”, cos que conseguiron poñer a todo o público en pé.

A Festa pola Inclusión contou tamén coa estrea da curta documental “Xeración Down”, que plasma todo o que significou para as familias a creación e o desenvolvemento do movemento Down en Galicia a todos niveis. Sete rapaces e rapazas de todas as entidades que conforman Down Galicia e as súas familias explican mediante testemuños a súa evolución grazas aos apoios recibidos nas súas asociacións e por parte da Federación durante as últimas dúas décadas.

A recadación obtida coas entradas, que tiñan un custe de 10€, será integramente destinado ós programas que Down Galicia e as súas entidades levan a cabo e que actualmente dan servizo a 658 familias de toda a comunidade autónoma.

 

Premios Down Galicia

A Federación tamén entregou esta noite os V Premios Down Galicia, que teñen por obxecto recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares.

O premio na categoría institucional foille concedido á compañía de recambios para o automóbil Feu Vert, por ser a primeira empresa que contactou por iniciativa propia con Down Galicia para interesarse polo seu programa de Emprego con Apoio. Ademais, nestes momentos ten contratadas a cinco persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais nas súas tendas galegas.

Mentres, na categoría de persoa particular, o galardón foille concedido a José Ramón Vázquez, antigo coordinador da oficina de voluntarios da zona Noroeste de BBVA, pola súa colaboración na implantación e continuidade do programa de prácticas formativas para persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais nas oficinas de BBVA de toda Galicia.

Co gallo do 20 aniversario, a Federación entregou un Premio Extraordinario que recaeu en Miguel Carballa e Eloísa Teijeira, por ter colaborado ao longo de moitos anos de forma desinteresada no camiño de Down Galicia a prol da inclusión educativa.

 

‘#EstáNaTúaMan’, a campaña de sensibilización de Down Galicia

‘#EstáNaTúaMan’ é a campaña de sensibilización coa que a Federación Down Galicia quere concienciar sobre a importancia da inclusión das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. A súa intención é que todo o mundo entenda que está na man de cada un converter esta sociedade nun lugar no que se respecten os dereitos de todas as persoas e no que se aprenda a ver a este colectivo sen prexuízos nin estereotipos.

‘#EstáNaTúaMan’ conta co apoio de rostros coñecidos do mundo da música, da televisión e do deporte do noso país, como os cantantes Amaia e Alfred (Operación Triunfo 2017), a actriz Isabel Naveira ou a presentadora Nieves Rodríguez.

 

Colaboradores do evento

Para a consecución deste evento, Down Galicia contou con moitos colaboradores dos eidos público e privado que aportaron o seu grao de area mediante achegas económicas ou en especie.

Así, a Consellería de Política Social, Afundación-Obra Social Abanca, Lau Creaciones, Fontecelta, Toldos Gómez, Stampa, Abella Creativa e Eco Escuela de Arte colaboraron coa posta en marcha do 20 aniversario da Federación.

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade