Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Matriuska Producciones abre as portas do audiovisual a persoas usuarias do Programa de Emprego con Apoio

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Matriuska Producciones abre as portas do audiovisual a persoas usuarias do Programa de Emprego con Apoio

5 Novembro, 2018

» Matriuska Producciones abre as portas do audiovisual a persoas usuarias do Programa de Emprego con Apoio

O pasado mes de xuño, Matriuska Producciones e Down Pontevedra Xuntos asinaron un convenio de colaboración co fin de promover a inclusión socio-laboral en contornas ordinarias de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Grazas a este acordo, Xiana Moreira Barbosa, participante do Programa de Emprego con Apoio que promove a entidade Down Pontevedra Xuntos, comezou o pasado 10 de outubro un período de prácticas na produtora desempeñando o posto de auxiliar de produción audiovisual. Xiana acude todos os mércores á oficina que Matriuska Producciones ten no Coworking Espacio Arroelo, en Pontevedra, e as súas principais tarefas abranguen desde o arquivo e clasificación de documentación ata a inscrición online de películas en festivais.

Dani Froiz, produtor de Matriuska Producciones, quixo destacar que “a industria do cine pode contar perfectamente coas persoas con discapacidade”. A produtora coñeceu o traballo de Xuntos no eido do emprego con apoio no coworking Espacio Arroelo, onde traballa como ordenanza Cecilia, outra usuaria do programa, e onde a empresa ten a súa oficina, e en seguida souberon que querían incluír a unha persoa con discapacidade intelectual no seu equipo de traballo. Ademais, Froiz non descarta que as prácticas dean paso a contratacións temporais en festivais cinematográficos.

Pola súa parte, o presidente de Down Pontevedra Xuntos, Manuel Pérez Cabo, resalta a importancia que os convenios de colaboración teñen para a entidade, xa que “é vital contar co apoio do tecido empresarial da contorna para que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais consigan unha verdadeira inclusión socio-laboral”.

 

O programa de emprego de Down Pontevedra Xuntos

O programa de emprego con apoio de Xuntos facilitou 26 contratacións desde inicios de ano, sendo 11 contratos indefinidos. A través destas oportunidades, 16 persoas usuarias das 18 que conforman o programa de Emprego con Apoio da entidade puideron adquirir experiencia en postos tan variados como auxiliar en unhas termas, masaxista, ordenanza, monitor de comedor escolar, entre moitos outros.

Desde o ano 2002, as entidades Down en Galicia desenvolven o programa Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de xeito positivo e natural.

 

Matriuska Producciones

Con sede en Pontevedra, a produtora cinematográfica Matriuska Producciones promove desde 2005 o talento de novos creadores e as novas tecnoloxías. Os seus traballos enmárcanse principalmente na ficción, a animación, o documental e a publicidade, aínda que tamén prestan outros servizos como pos-produción, edición dixital ou aluguer de equipamentos audiovisuais.

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Teima e a Deputación da Coruña asinan un convenio de colaboración para apoiar economicamente o Servizo de Formación Sociolaboral e Emprego da entidade
30 Agosto, 2023
Magníficos resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
26 Xullo, 2023
Mozos e mozas de Down Ourense traballan como azafatos e azafatas no evento polo 50 aniversario de Galfor
28 Xuño, 2023
Down Vigo e Vithas colaboran para fomentar a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual
21 Xuño, 2023
Cafés Candelas contrata de xeito indefinido a un mozo de Lugo con discapacidade intelectual
31 Maio, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}