Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia e a Asociación Lectura Fácil asinan un convenio para promover a inclusión de persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia e a Asociación Lectura Fácil asinan un convenio para promover a inclusión de persoas coa síndrome de Down

13 Novembro, 2018

» Down Galicia e a Asociación Lectura Fácil asinan un convenio para promover a inclusión de persoas coa síndrome de Down

A Federación Down Galicia e a Asociación Lectura Fácil asinaron recentemente un convenio de colaboración polo que as dúas entidades se comprometen a desenvolver actividades de interese mutuo co obxectivo de promover a inclusión das persoas en risco de exclusión social, entre as que se atopan as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

A Asociación Lectura Fácil é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa para facer accesible a lectura, a cultura e a información a tódalas persoas, con especial atención a aquelas con dificultades lectoras.

Así, a colaboración entre ambas entidades contempla, entre outros, os seguintes aspectos:

  • O desenvolvemento de actividades de todo tipo para facilitar e favorecer o acceso á lectura das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.
  • A organización e/ou participación en encontros, mesas redondas, actividades de formación ou xornadas en torno á concienciación e á difusión das posibilidades da Lectura Fácil.
  • Colaboración entre Asociación de Lectura Fácil e Down Galicia na adaptación de textos literarios, legais, de información xeral, xornais, etc.
  • O asesoramento e colaboración da Asociación de Lectura Fácil cando sexa Down Galicia quen adapte a Lectura Fácil textos de diversa índole.
  • A difusión mutua das actividades que realicen ambas entidades en torno á Lectura Fácil a través dos canais propios de cada entidade.
  • A realización de estudos e informes en temas de interese común, incluíndo a elaboración de contidos para a súa posterior publicación.

 

Que é a lectura fácil?

A lectura fácil é a metodoloxía que se utiliza para facilitar o acceso á información a todas aquelas persoas que teñen unha capacidade de comprensión lectora máis baixa. Trátase de redactar a información con frases sinxelas, curtas e directas. Non se trata de eliminar información senón de facela máis comprensible.

É necesario un maior impulso e concienciación sobre o uso da lectura fácil para avanzar de xeito real cara a unha sociedade que inclúa a todas as persoas, posto que unha sociedade inclusiva de verdade deber facilitar que todos os seus membros poidan acceder a todas as áreas de coñecemento e participación.

 

Down Galicia e a lectura fácil

Down Galicia ten editada unha guía con normas e recomendacións que pode servir de axuda a todas aquelas persoas que queiran realizar unha boa adaptación dun texto á metodoloxía de lectura fácil.

Así mesmo, a Federación conta na súa web co “Punto Virtual de Educación”, que ten por finalidade favorecer a inclusión nas aulas e nos centros educativos e mellorar a coordinación e a colaboración dos distintos axentes implicados no proceso educativo. Este portal web inclúe información, materiais, boas prácticas e metodoloxías educativas adaptadas, facilitando así un recurso máis na atención á diversidade presente nas aulas.

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico do incremento do gasto de persoal nas súas entidades polo convenio colectivo de aplicación
13 Febreiro, 2023
Política Social financiou en 2022 varios programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
8 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}