DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia lanza unha guía de estilo coa terminoloxía máis axeitada sobre discapacidade intelectual

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down Galicia lanza unha guía de estilo coa terminoloxía máis axeitada sobre discapacidade intelectual

A Federación Down Galicia vén de editar a súa “Guía de estilo sobre persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais”, un manual que ten por obxecto positivizar e concienciar sobre a terminoloxía referida ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais tras a evolución experimentada por este colectivo nas últimas décadas, nas que pasou de estar oculto a unha situación onde se busca a súa inclusión na sociedade da que forman parte.

Os avances conseguidos en outros ámbitos, como o educativo ou o laboral, non se viron acompañados dun cambio na linguaxe que axudase a eliminar os prexuízos e os estereotipos vencellados ao mundo da discapacidade. E é que a linguaxe non é soamente unha cuestión de forma, senón tamén de fondo. As palabras, que son capaces de erixir as máis sólidas barreiras mentais, crean realidades e poden chegar a transmitir un gran número de aspectos negativos.

Trátase de empregar as palabras correctas e non estigmatizar nin manter termos negativos ou simplemente insultantes. Esta guía de estilo intenta, a través das súas páxinas, aclararlle ao lector ou lectora varios dos mitos máis comúns vinculados ás persoas coa síndrome de Down, así como ofrecerlle recomendacións xenéricas e propostas máis concretas que poidan empregar ao referise a persoas coa síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais.

Darlle solución a esta situación está na man de cada un e cada unha de nós, sen distinción. Por iso, esta guía de estilo vai destinada a todas aquelas persoas que se relacionen con unha persoa coa síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual e tamén ás que, polo motivo que sexa, fan mención a estas. Deste xeito, Down Galicia quere destinar este manual ás propias entidades sociais, ás empresas e entidades que colaboran coa labor das entidades Down, ás administracións públicas e, por suposto, ao resto da sociedade. Pero, sobre todo, aos medios de comunicación, cuxa capacidade de influencia neste aspecto é superior a de calquera outro axente nesta sociedade.

 

Cambio de terminoloxía no Dicionario da Real Academia Galega

Down Galicia leva desde o ano 1998 loitando pola inclusión, a igualdade e a non discriminación das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

En xullo de 2016, e tomando como punto de partida unha petición da Federación, a Real Academia Galega decidiu, tras unha reunión do seu Seminario de Lexicografía, suprimir ou modificar varias palabras ou acepcións pexorativas referidas á síndrome de Down, que asociaban a alteración cromosómica con acepcións como debilidade mental ou deficiencias físicas.

Esta guía de estilo pretende ser un paso máis cara a utilización de unha linguaxe máis inclusiva e respectuosa para con todos os membros da nosa sociedade.

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade