DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Á venda unha nova edición do calendario solidario de Down Ourense

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Á venda unha nova edición do calendario solidario de Down Ourense

A Asociación Down Ourense presentou esta mañá na Deputación Provincial o seu calendario solidario 2019, que se poderá adquirir a partir do día de hoxe en diversos puntos da cidade.

Nesta edición, a asociación contou coa colaboración da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense e dos fotógrafos Mani Moretón, Emilio Romanos e Jorge Katalauta, que conseguiron captar en imaxes divertidos momentos dos mozos e mozas da entidade traballando man a man con profesionais das empresas integrantes da asociación empresarial.

No acto de presentación do almanaque, que tivo lugar na Sala de Xuntas da Deputación de Ourense, participaron o vicepresidente da institución provincial, Rosendo Fernández Fernández; o presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense, Lois Babarro Alén; a presidenta da Asociación Down Ourense, Mara Prieto Fortes; e os tres fotógrafos do calendario.

Mara Prieto destacou a importancia desta iniciativa e resaltou que “o calendario solidario supón para Down Ourense unha fonte de ingresos moi importante e é unha vía máis de visibilidade e protagonismo para as persoas coa síndrome de Down e  outras discapacidades intelectuais”. Tamén quixo agradecer “a participación de todas as persoas que, de maneira desinteresada, o fixeron realidade” e aproveitou a súa intervención para “deixar patente, unha vez máis, a necesidade de colaboración do tecido empresarial local”.

Nesta nova edición do calendario solidario de Down Ourense foron moitas as empresas da cidade que brindaron o seu apoio a este proxecto: Angelo Milano, Envialia, Ourenmatel, Intensive Learning, Polinexia, Podogal, Gandarela, Conect Comunicación, Sapphira Ourense, Axón, Autoxiro, Sommera, Maricastaña, Movilla & Borrajo y Luís Estévez Marketing Online.

Este ano a tirada será de 1.600 exemplares: 1.000 calendarios de parede, sufragados na súa totalidade pola Deputación de Ourense, e 600 calendarios de mesa. Todos eles terán un prezo de 5€ e os beneficios obtidos coa súa venda irán destinados integramente ós programas de promoción da autonomía persoal que se levan a cabo en Down Ourense e que, actualmente, dan servizo a 66 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e ás súas familias.

Aquelas persoas que así o desexen, poderán adquirir o seu calendario solidario na propia asociación e nas tendas Angelo Milano (R/ Paseo, 30) e Nuria Vidal (R/ Concordia, 12), así como nos stands de venda situados no Centro Comercial Ponte Vella os días 24 de novembro e 1 de decembro.

Entradas relacionadas
Down Ourense revalida o Sello ONG Acreditada outorgado pola Fundación Lealtad
25 Xaneiro, 2021
Un mozo e unha moza de Down Ourense realizan prácticas na Universidade de Vigo
11 Marzo, 2020
Leroy Merlín incorpora á súa sección de ferraxería a un mozo de Down Ourense
17 Xaneiro, 2020
Down Ourense presenta a nova edición do seu calendario solidario
3 Decembro, 2019
Down Ourense e o CEIP Quiroga apostan pola inclusión educativa
12 Abril, 2019
Catro novos contratos para persoas usuarias de Down Ourense no primeiro trimestre do ano
2 Abril, 2019
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade