DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Teima Down Ferrol organiza unha xornada con experiencias “En primeira persoa”

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Teima Down Ferrol organiza unha xornada con experiencias “En primeira persoa”

A riqueza dunha sociedade atópase na pluralidade e na diversidade. Con este pretexto, a asociación Teima Down Ferrol está a organizar a xornada de sensibilización “En primeira persoa”, mediante a que intentarán achegar a todos e todas as ferrolás a importancia de construír unha sociedade máis inclusiva.

Esta xornada, de acceso libre e gratuíto ata completar aforo, terá lugar a tarde do vindeiro venres 30 de novembro na sede de Afundación da cidade ferrolá (Praza da Constitución, s/n).

A través de experiencias contadas en primeira persoa, usuarios e usuarias da entidade queren dar a coñecer as súas vivencias en distintos ámbitos, resaltando o papel e o valor da comunidade para a súa inclusión. Deste xeito, poderemos escoitar da boca dos seus propios protagonistas seis historias sobre participación, educación, traballo, actividades no tempo de lecer ou no ámbito familiar e expectativas ante a etapa do envellecemento.

Xunto a todas elas sentaranse outros relatores e relatoras que resaltarán o papel das contornas como clave para o éxito do proceso de inclusión. Así, na xornada estará Pilar Ramudo, unha profesora de secundaria que nos falará da traxectoria dunha rapaza coa síndrome de Down que promocionou ata 4º da ESO ao mesmo ritmo que os seus compañeiros e compañeiras sen discapacidade. Escoitaremos tamén a Reyes Cortizas, coordinadora en Alcampo Ferrol, que contará o funcionamento do hipermercado para facilitar a inclusión de Ricardo, usuario da asociación, e a Flavio Augusto Álvarez, profesor de salsa de Manolo desde hai anos.

Na xornada tamén participarán a coordinadora da sede de Afundación, Tatiana Puente; o Director Xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado; o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez;  a concelleira de Benestar Social, Saínza Ruíz; e a presidenta de Teima Down Ferrol, Patricia Serantes.

Consulta aquí o programa.

Entradas relacionadas
Un grupo de mozos e mozas de Teima gañan o Desafío Poético da Deputación da Coruña
3 Decembro, 2020
Carmen Brage, usuaria de Teima Down Ferrol, asina o seu contrato como celadora do Sergas
18 Setembro, 2020
Teima e Xuntos asinan senllos convenios de colaboración coas administracións locais
2 Setembro, 2020
Teima Down Ferrol recibe unha das insignias de ouro outorgadas polo Concello ferrolán
15 Xaneiro, 2020
Ferrolterra implícase con Teima Down Ferrol no seu gran festival de 25 aniversario
28 Xuño, 2019
Doce persoas usuarias de entidades Down de Galicia realizarán prácticas en dependencias da Xunta este 2019
1 Abril, 2019
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
  • Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
  • Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade