Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia e Política Social asinan un novo convenio para mellorar o proceso de envellecemento das persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia e Política Social asinan un novo convenio para mellorar o proceso de envellecemento das persoas coa síndrome de Down

27 Novembro, 2018

» Down Galicia e Política Social asinan un novo convenio para mellorar o proceso de envellecemento das persoas coa síndrome de Down

A Federación Down Galicia e a Consellería de Política Social veñen de asinar neste ano 2018 un convenio de colaboración que procura a mellora na calidade de vida das persoas usuarias da Federación durante a etapa do envellecemento.

Este acordo, que achega a Down Galicia cen mil euros (100.000€), ten por obxectivo o desenvolvemento dun proxecto de intervención no proceso de envellecemento, que está a beneficiar a aqueles membros da Federación en idade adulta coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en situación de dependencia.

De modo indirecto benefíciase ás familias das persoas usuarias e a unha serie de axentes sociais implicados nas actuacións do proxecto como centros de saúde, servizos de xerontoloxía e xeriatría, etc.

As actuacións desenvoltas durante o período de vixencia do convenio son:

1. Valoración inicial das persoas usuarias do proxecto.

2. Plan individual de intervención coas persoas usuarias: A partir das necesidades detectadas, defínese o plan de apoio e as execucións de accións de reforzo e promoción da autonomía como actividades de psicomotricidade e xerontoximnasia, estimulación cognitiva e memoria, actividades socioculturais, educativas, de tempo libre, psicolóxicas e relacionadas coa conduta.

3. Avaliación e seguimento do envellecemento das persoas usuarias por medio dun equipo profesional que identificará beneficios conseguidos e adaptacións no plan inicial. Configuraranse protocolos de seguimento atendendo a aspectos coma: conduta, sono, memoria, funcións executivas, rendemento cognitivo, habilidade motora, funcionamento nas actividades da vida diaria,…

4. Controis de saúde periódicos e apoio psicosocial para familias e persoas usuarias que estean en proceso de demencia. Ofertaranse charlas informativas sobre envellecemento activo.

5. Coordinación con recursos sociosanitarios da contorna comunitaria: Sensibilización dos profesionais de xeriatría e xerontoloxía no coñecemento das particularidades deste colectivo, accións de difusión, accións que promovan unha maior participación das persoas adultas coa síndrome de Down en programas e servizos da comunidade, de maneira que contemplen e encaixen as súas particularidades e o seu envellecemento precoz.

A media da esperanza de vida das persoas coa síndrome de Down incrementouse de xeito significativo nos últimos anos, chegando incluso a superar os 60 anos. Os estudos amosan que as persoas con esta síndrome teñen un envellecemento prematuro e máis probabilidade de que este sexa patolóxico. Por iso é necesario traballar en torno ao envellecemento activo do colectivo e á súa participación en recursos comunitarios para maiores. Por outra banda, tamén é fundamental avanzar no coñecemento das persoas maiores coa síndrome e Down e das súas particularidades, favorecendo así unha mellor e máis axustada atención.

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario
7 Abril, 2022
Down Galicia e ACDgal alíanse para promover o envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
5 Abril, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}