Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia recibe unha mención honorífica polo seu traballo como entidade de Acción Voluntaria

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia recibe unha mención honorífica polo seu traballo como entidade de Acción Voluntaria

30 Novembro, 2018

» Down Galicia recibe unha mención honorífica polo seu traballo como entidade de Acción Voluntaria

A Federación Down Galicia recibiu onte, dentro da programación do XX Congreso Estatal de Voluntariado celebrado no Recinto Ferial Expourense, unha das mencións honoríficas que a Xunta de Galicia entregaba a entidades de acción voluntaria de toda a comunidade autónoma.

Con estes galardóns réndese homenaxe ao traballo levado a cabo polas entidades de acción voluntaria polo seu esforzo do día a día e a súa loita e labor indispensable na sociedade galega.

Xunto con Down Galicia, recibiron esta mención Aspronaga; a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de A Mezquita; a Asociación Española contra o Cancro (AECC); o Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valladares; a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG); o Centro de Desenvolvemento Rural de O Viso; a Asociación de Amigos da Terra Galicia Xuventude; a Asociación Integra para a diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terras de Soneira e Fisterra;  a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI); e a Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL).

 

XX Congreso Estatal de Voluntariado

Baixo o lema “Enlázate ao Voluntariado”, o XX Congreso Estatal de Voluntariado quixo poñer énfase na importancia que as accións altruístas teñen para avanzar cara unha sociedade mellor e amosouse como unha invitación á unión progresiva da acción voluntaria como elemento dinamizador e de transformación social.

Nesta edición perseguíanse varios obxectivos: establecer un espazo de reflexión sobre o futuro do voluntariado, poñer en valor o voluntariado de Galicia como a comunidade autónoma máis comprometida e con maior índice de participación en materia solidaria e destacar o voluntariado como un dos noso activos máis importantes para a creación dunha sociedade mellor.

O programa destas dúas xornadas estivo repleto de mesas redondas, talleres e relatorios con expertos de todo o mundo, pero tamén incluíu actuacións musicais e recoñecementos a persoas e entidades vencelladas ao mundo do voluntariado.

 

Participación do Grupo de Teatro de Down Compostela

Tras o éxito conseguido o pasado xuño na Casa da Cultura de Milladoiro e este mesmo outubro no Teatro Principal de Santiago, o Grupo de Teatro Down Compostela volveu a subirse a un escenario o pasado mércores para representar a súa aclamada obra “A mansión de José Cruz”.

Homes lobos, vampiros, zombis ou asasinos en serie tentaron de novo amedrentar a Juan Sen Medo nas terroríficas e divertidas noites que transcorren na mansión de José Cruz. Unha divertida trama na que se implican todos e cada un dos máis de vinte actores e actrices que forman o Grupo de Teatro Down Compostela.

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}