Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Familiares e persoas coa síndrome de Down destacan o valor da diversidade na clausura do XVIII Encontro Nacional de Familias

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Familiares e persoas coa síndrome de Down destacan o valor da diversidade na clausura do XVIII Encontro Nacional de Familias

10 Decembro, 2018

» Familiares e persoas coa síndrome de Down destacan o valor da diversidade na clausura do XVIII Encontro Nacional de Familias

Familias e persoas coa síndrome de Down despediron o pasado sábado o XVIII Encontro Nacional de Familias e o X Encontro Nacional de Irmáns de Persoas coa Síndrome de Down celebrado estes días en Santiago de Compostela. Coa organización dunha cea de clausura, onde se sinalaron algunhas das claves para avanzar no desenvolvemento da saúde, a autonomía e a calidade de vida para o colectivo, puxeron o broche final a varios días de reflexión e debate.

De entre todas as conclusións, lidas por catro participantes no Encontro, destacan as relacionadas coa investigación de novas terapias sobre a síndrome de Down, deixando patente que o verdadeiramente importante é formularse que se quere cambiar e para que, pois o valor da diversidade podería chegar a desaparecer.

Igual de interesantes foron as conclusións extraídas dos relatorios en primeira persoa, onde varios mozos e mozas coa síndrome de Down valoraron a importancia que para eles e elas ten o emprego e a vida autónoma. Así, consideran que o traballo permite unha maior independencia económica e máis autonomía persoal, ofrecendo a oportunidade de vivir novas experiencias vitais e de lecer e de mellorar a súa autoestima. A educación e o envellecemento estiveron tamén moi presentes nestas conclusións, así como os dereitos e obrigacións das persoas con discapacidade.

 

Estas son as principais conclusións extraídas dos relatorios e talleres:

CONCLUSIÓNS SOBRE A INVESTIGACIÓN DE NOVAS TERAPIAS SOBRE A SÍNDROME DE DOWN

  • O tratamento farmacolóxico da discapacidade intelectual non está a ser investigado, pero a situación está a empezar a cambiar, aínda que se necesitan recursos para seguir investigando
  • Aínda que xa hai varias opcións terapéuticas, o importante é formularse que queremos cambiar e para que, pois as persoas coa síndrome de Down achegan o valor da diversidade e dunha mirada diferente da vida e da sociedade que podería desaparecer

 

CONCLUSIÓNS SOBRE SAÚDE

  • As persoas coa síndrome de Down deben pasar dun papel pasivo a un papel protagonista no ámbito da saúde
  • As persoas coa síndrome de Down poden e deben participar nos programas de vida saudable

 

CONCLUSIÓNS SOBRE EDUCACIÓN INCLUSIVA

  • Calquera profesor ou profesora ten obriga de responder á diversidade
  • Ter un alumno ou alumna con discapacidade non impide o funcionamento da aula
  • Todos os alumnos e alumnas melloran de forma significativa coa utilización de metodoloxías inclusivas

 

CONCLUSIÓNS SOBRE EMPREGO

  • As afeccións e actividades na comunidade melloran as capacidades sociais, a inclusión no ámbito laboral e melloran a relación cos compañeiros e compañeiras de traballo
  • Unha vida laboral ofrece a posibilidade de construír plans de vida a longo prazo, ademais de expor novos obxectivos persoais a curto prazo
  • O traballo permite unha maior independencia económica e autonomía persoal, ofrecendo a oportunidade de vivir novas experiencias vitais e de lecer e de mellorar a autoestima

 

CONCLUSIÓNS SOBRE VIDA EN PARELLA E VIDA INDEPENDENTE

  • O nivel de autonomía dunha persoa non pode ser determinante á hora de alcanzar unha vida independente
  • O reto da autonomía e do acceso ao traballo das persoas coa síndrome de Down é un dereito que comporta moita implicación e esixencia para a familia, que debe estar disposta a asumila
  • Os proxectos de emprendemento tamén son unha opción para as persoas coa síndrome de Down

 

CONCLUSIÓNS SOBRE O RETO DO ENVELLECEMENTO

  • Promover a autonomía e a independencia é unha garantía fronte ao envellecemento das persoas coa síndrome de Down
  • É importante que os familiares e coidadores estean atentos a calquera sinal de detección precoz para anticipar os procesos de envellecemento das persoas coa síndrome de Down
  • O futuro do envellecemento pasa pola asistencia persoal, un dereito contemplado na Lei de Dependencia

 

CONCLUSIÓNS SOBRE DEREITOS E OBLIGACIÓNS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • O problema é que a Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade soamente a coñecen as persoas que teñen na súa vida a unha persoa con discapacidade
  • A sociedade debe axustarse ás necesidades de cada persoa
  • Solo a forza do movemento asociativo permitirá a non discriminación, o respecto dos dereitos das persoas con discapacidade e o seu empoderamento

 

SOBRE O PAPEL DOS IRMÁNS

  • Vivir cun irmán ou irmá coa síndrome de Down produciulles un forte impacto positivo na súa vida e achegoulles unha fonte inesgotable de vivencias e leccións
  • Son expertos en síndrome de Down sen estudialo
  • Queren ser eles os encargados de transmitir a súa visión e desmontar os mitos que se atopan e enfrontan

 

Para a organización do encontro, DOWN ESPAÑA e DOWN COMPOSTELA contaron co patrocinio da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social e a colaboración da Fundación ONCE, Concello de Santiago, Deputación de A Coruña, Galicia Calidade, Ternera Gallega, Consellería do Mar, Fundación Sanitas, Carrefour Santiago, Bankia, Ministerio de Cultura y Deporte e Centro Xuvenil Don Bosco.

Entradas relacionadas

Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais
19 Xaneiro, 2023
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}