DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

A Deputación de Ourense aposta de novo pola inserción laboral das persoas coa síndrome de Down na provincia ourensá

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» A Deputación de Ourense aposta de novo pola inserción laboral das persoas coa síndrome de Down na provincia ourensá

Cunha achega de 2.500€, a Deputación de Ourense apostou de novo pola colaboración co proxecto “Emprego con Apoio: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual da provincia de Ourense” que Down Galicia puxo en marcha nesta provincia. Esta colaboración permitiu que un total de 22 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais contaran cunha serie de apoios encamiñados a conseguir a súa inclusión no mercado laboral ordinario durante o ano 2018.

Grazas a esta axuda puideron prestarse apoios por toda a provincia, especialmente na capital e nas cidades e concellos máis importantes, aínda que tamén naquelas áreas xeográficas ás que pertencen os usuarios e usuarias do proxecto de emprego. Na área de influencia de Ourense, ademais da propia cidade de As Burgas, pódense citar Celanova, Arnoia e San Cibrao das Viñas.

Das 22 persoas participantes neste proxecto, 8 delas asinaron 11 convenios de prácticas, xa que nalgún caso puideron contar con máis dunha oportunidade formativa. En canto ás contratacións, 13 persoas asinaron un total de 25 contratos, incluíndo 9 prórrogas e 3 transformacións en indefinidos. Practicamente a totalidade destes contratos son temporais e a tempo parcial, o que dificulta a consecución dunha estabilidade laboral e un proxecto de vida.

Ademais, durante este período, contactáronse un total de 49 empresas de toda a provincia co obxectivo de lograr unha oportunidade laboral para algunha das persoas destinatarias deste proxecto.

En Down Galicia cremos na eficacia do Emprego Con Apoio desde o ano 2002. Esta metodoloxía, orientada á inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual no ámbito laboral normalizado, ofrece os apoios necesarios dentro e fóra da contorna laboral para conseguir unha óptima adaptación do empregado ou empregada ao posto de traballo. Deste xeito, a empresa conseguirá traballadores e traballadoras cualificados que se formarán directamente nos seus postos de traballo. A figura do preparador ou preparadora laboral da entidade Down é fundamental no proxecto, xa que acompañará á nova persoa traballadora durante todo o proceso: asesoramento, seguimento e apoio durante o tempo que dure a relación laboral.

Entradas relacionadas
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
29 Decembro, 2020
Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
23 Decembro, 2020
“Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”
22 Decembro, 2020
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
  • Down Ourense revalida o Sello ONG Acreditada outorgado pola Fundación Lealtad
  • Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade