downgalicia@downgalicia.org981581167
FacebookInstagramTwitterYouTubeFlickr
Down Galicia
Down Galicia
Síndrome de Down e inclusión
  • Galego
    • Español
    • English
 
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

O 100% das persoas usuarias da bolsa de emprego de Xuntos atópanse traballando ou facendo prácticas

  • Traballamos

  • Medramos

  • Aprendemos

O 100% das persoas usuarias da bolsa de emprego de Xuntos atópanse traballando ou facendo prácticas

27 Decembro, 2018

» O 100% das persoas usuarias da bolsa de emprego de Xuntos atópanse traballando ou facendo prácticas

Nos últimos tempos, a bolsa de emprego de Down Pontevedra “Xuntos” está sendo sinónimo de eficacia e é que a totalidade dos seus membros atópase nestes momentos traballando ou desfrutando dunhas prácticas laborais para mellorar as súas habilidades de cara a unha futura inserción máis estable.

O ano que está a punto de rematar amosouse especialmente produtivo en canto a contratacións. As 18 persoas usuarias do programa de Emprego con Apoio da entidade contaron durante este período con 30 contratos vixentes, sendo 12 deles contratacións indefinidas. Como se pode observar con estes datos, a parte negativa continúa a ser a temporalidade, xa que este elevado número de acordos pon de manifesto a curta duración dos mesmos.

Pode que esa sexa unha das razóns polas que 11 das 18 persoas que se atopan traballando neste momento están compaxinando esta tarefa coa preparación das oposicións da Xunta de Galicia para cubrir un posto de ordenanza.

 

Un Nadal de moito traballo

O mes de decembro está a ser especialmente frutífero no eido laboral para varios membros de Down Pontevedra “Xuntos”, xa que se acaban de asinar tres novos contratos, unha conversión a indefinido e un convenio de prácticas.

Deste xeito, durante a campaña do Nadal, Diego Fontenla e Diego Touriño traballan novamente como mozos de almacén en Supermercados Froiz. De luns a venres ambos se desprazan en autobús á cidade do Lérez para preparar as cestas e lotes de Nadal da compañía. Distribuciones Froiz é unha das empresas colaboradoras habituais nesta época do ano, apoiando a inserción laboral do colectivo desde o inicio do programa de Emprego con Apoio de Xuntos.

As contratacións neste mes viñeron tamén da man das administracións públicas. Así, a Deputación de Pontevedra apostou pola inclusión laboral de Emilio Antonio Barcala mediante un contrato de prácticas a xornada completa. As súas tarefas durante os próximos 6 meses, prorrogables a 2 anos, serán as de peón de xardinería nas instalacións do centro educativo Príncipe Felipe.

E neste mesmo mes, o bo traballo de Pedro García na liña de caixas do Hipermercado Alcampo de Vilagarcía de Arousa víase recompensado e o seu contrato temporal convertíase nun indefinido.

Por último, Matriuska Producciones decidiu incorporar ao seu equipo de traballo a unha segunda persoa usuaria de Xuntos trala boa experiencia que está a vivir con Xiana Moreira. Así, a produtora asinou un novo convenio de prácticas coa entidade mediante o que Carlos Pais deu apoio durante uns días en horario de mañá na organización do festival de cine “Novos Cinemas”.

 

O programa de Emprego con Apoio

Desde o ano 2002, as entidades Down en Galicia desenvolven o servizo de Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos seus compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de xeito positivo e natural.

O acceso en igualdade de condicións a un posto de traballo segue a ser un dos grandes retos das entidades que traballan a prol da inclusión laboral das persoas con discapacidade. A participación e a cada vez maior presenza das persoas con discapacidade intelectual nas empresas ordinarias contribúe de xeito eficaz a desterrar os tópicos que tradicionalmente se atribúen a este colectivo, resultando un xeito sumamente eficaz de inclusión social.

Entradas relacionadas
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
Un mozo de Down Vigo comeza a traballar en Rodavigo como operario de almacén
26 Abril, 2022
O Concello de Agolada contrata un ano máis a un mozo de Down Lugo trala sinatura dun novo convenio coa entidade
13 Abril, 2022
Down Vigo e Zona Franca renovan o seu compromiso coa inclusión laboral a través dunha nova contratación
11 Abril, 2022
Máis novas
Multimedia
Publicaciones
Revista down
Búsqueda de empleo
Envellecimiento Activo
Colaboradores
Identidade Corporativa
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
    
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto





Calidad AenorCalidad Aenor
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}