Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

A Federación aposta pola educación inclusiva no Día Internacional da Educación

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Federación aposta pola educación inclusiva no Día Internacional da Educación

24 Xaneiro, 2019

» A Federación aposta pola educación inclusiva no Día Internacional da Educación

A educación é un piar fundamental no desenvolvemento de calquera sociedade. Deste xeito, as sociedades avanzadas deben estar dotadas de institucións capaces de garantir este dereito a toda a poboación, sen excluír a ningún individuo por ningunha causa. É dicir, deben garantir, sen condicións, unha educación inclusiva.

Hoxe, 24 de xaneiro, celébrase o Día Internacional da Educación, unha efeméride dedicada a recoñecer o papel fundamental deste proceso na creación de sociedades sostibles e evolucionadas e Down Galicia quere reivindicar novamente a importancia da construción dun modelo educativo inclusivo baseado nos principios de calidade, equidade, flexibilidade e respecto á diversidade.

Debemos ter presente que a sociedade da cal formamos parte é plural e esa realidade ha de ser a bandeira da educación. Polo tanto, debemos ter en conta que se se segrega ao alumnado, sexa cal sexa a causa, sobre todo nunha idade temperá, non estamos avanzando na construción dunha sociedade tolerante e respectuosa coa diferenza.

Por este motivo, Down Galicia considera urxente a reforma da lexislación educativa e a implantación dun sistema que respecte o principio de educación inclusiva, baseado na igualdade de oportunidades e a non discriminación das persoas por razón da súa discapacidade. É por iso que a Federación quere poñer en valor os pasos dados polo actual goberno na modificación da actual Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), que está a provocar un retroceso irreversible nos avances conseguidos en materia de integración e inclusión escolar.

Así mesmo, a Federación leva desde hai anos poñendo de manifesto que o sistema educativo español é discriminatorio coas persoas coa síndrome de Down e vulnera o establecido nos tratados internacionais.

O dereito a unha educación inclusiva está avalado pola Convención Internacional da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, que no seu artigo 24 recoñece que “os Estados asegurarán un sistema de educación inclusivo a todos os niveis para as persoas con discapacidade”. Esta Convención foi ratificada en 2008 e aprobada por unanimidade polo noso Parlamento e é de obrigado cumprimento en España ao ter rango de tratado xurídico internacional de Dereitos Humanos.

Entradas relacionadas

Down Lugo leva a escola inclusiva a un centro educativo en Alfoz
13 Xuño, 2022
CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario
7 Abril, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}