Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A Consellería de Política Social colabora cos programas de familias e emprego de Down Galicia a través do IRPF

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Consellería de Política Social colabora cos programas de familias e emprego de Down Galicia a través do IRPF

31 Xaneiro, 2019

» A Consellería de Política Social colabora cos programas de familias e emprego de Down Galicia a través do IRPF

A través das subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), a Consellería de Política Social financia parte dos programas de familias e emprego que Down Galicia leva a cabo en todo o territorio galego.

Desta forma, o “Programa Autonómico de Apoio a Familias de Persoas coa síndrome de Down” e o “Programa Autonómico de Empregabilidade Down” contan con sendas achegas de 93.826,47€ e 26.626,43€, respectivamente.

Gracias ao primeiro deles, case 700 familias de máis de 100 concellos de toda Galicia beneficiáronse durante o ano 2018 das diversas actuacións levadas a cabo ao abeiro deste proxecto: información e orientación, formación continuada, apoio especializado, coordinación autonómica, etc.

A intervención no ámbito familiar é prioritaria para a Federación Down Galicia ao entender que a familia é o activo máis importante para as persoas coa síndrome de Down. O seu obxectivo é a busca o equilibrio e a creación dun clima afectivo relaxado e normalizado que contribúa ao adecuado desenvolvemento da persoa usuaria.

Por outra banda, 43 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais puideron beneficiarse das actuacións desenvolvidas no programa de empregabilidade da Federación, que busca mellorar a súa calidade de vida a través da obtención  dun posto de traballo, da súa formación ou da mellora das súas opcións de cara á procura de emprego. A totalidade das persoas participantes obtiveron os seus itinerarios personalizados de acompañamento e apoio na inserción e tanto elas como as súas familias foron informadas, orientadas e formadas sobre o proceso de inclusión laboral.

Con respecto ó traballo de prospección, durante este ano logrouse contactar cun total de 52 empresas de diferentes puntos da xeografía galega co fin de lograr un posto de traballo susceptible de ser ocupado por aquelas persoas participantes no proxecto que estiveron en situación de procura de emprego nalgún momento do ano, ou ben, para negociar posibles renovacións ou prórrogas de persoas usuarias ocupadas.

O emprego con apoio está orientado á inclusión das persoas con discapacidade intelectual na empresa ordinaria de forma normalizada. Ademais, nos últimos tempos, estase a erixir como un método sumamente eficaz, non só polo crecente número de iniciativas que cada día se implantan en España, senón polos altos niveis de satisfacción que presentan todos os axentes implicados nelas: persoas empregadas, empresas, preparadores e preparadoras laborais, etc.

Entradas relacionadas

Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}