Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O grupo municipal do BNG visita a sede de Down Galicia e Down Compostela

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O grupo municipal do BNG visita a sede de Down Galicia e Down Compostela

19 Febreiro, 2019

» O grupo municipal do BNG visita a sede de Down Galicia e Down Compostela

Unha ampla representación do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, encabezada pola cabeza de lista Goretti Sanmartín, visitaron esta mañá as instalacións que a Federación Down Galicia e a Fundación Down Compostela teñen na cidade de Santiago.

A visita comezou cunha reunión cos principais representantes de ambas as entidades, nas que se puxeron de manifesto as principais demandas das entidades Down nos ámbitos educativo, laboral, sociosanitario e o da accesibilidade universal.

De entre os temas tratados, os representantes políticos deron especial importancia aos problemas que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atópanse na súa etapa educativa e, posteriormente, no seu acceso ao emprego. E é que a maioría do alumnado con discapacidade con necesidades de apoio educativo non logra titular porque as adaptacións curriculares que se lles ofrecen nos centros non cumpren cos obxectivos mínimos do curso. Ademais, ante esta situación, os centros educativos non ofrecen ningún documento homologado que certifique o seu nivel de estudos e que lles permita seguir estudando ou desempeñar un posto de traballo.

Por outra banda, tamén se debateu sobre a importancia do emprego público e a necesidade de que as administracións locais se impliquen neste ámbito convocando un maior número de prazas acordes ao nivel de estudos e de preparación das persoas con discapacidade intelectual.

Unha vez terminada a reunión, os membros do BNG puideron coñecer de primeira man as actividades que levan a cabo diariamente nas instalacións da Fundación e a Federación.

Deste xeito, tiveron ocasión de charlar coas persoas usuarias da entidade, recibindo así as súas impresións e valoracións dos servizos que reciben, centrados no desenvolvemento integral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e que teñen como obxectivo final a súa inclusión social.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}