Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia e a USC asinan un convenio para promover a docencia e a investigación

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia e a USC asinan un convenio para promover a docencia e a investigación

20 Febreiro, 2019

» Down Galicia e a USC asinan un convenio para promover a docencia e a investigación

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, e Antonio López Díaz, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, asinaron esta mañá no edificio do Reitorado un convenio de colaboración que busca estreitar as súas relacións, xuntar esforzos e establecer normas amplas de actuación que canalicen e incrementen os seus contactos e colaboracións.

Deste xeito, o obxecto deste convenio é o establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre a USC, en especial coa Facultade de Medicina e Odontoloxía pero sen excluír outros centros, departamentos e servizos da Universidade, e Down Galicia en actividades culturais, científicas, pedagóxicas, de investigación e outras que sexan de interese para as dúas partes.

Estas colaboracións poderán darse a través da execución de proxectos e programas de investigación e desenvolvemento; a través da cooperación en programas de formación de persoal investigador e técnico; do asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade das dúas entidades; e da organización e execución de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación, a docencia e o desenvolvemento tecnolóxico, entre outras.

No acto de sinatura estiveron presentes a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Julián Álvarez Escudero; o vicedecano deste centro, Jacobo Limeres; e o catedrático de Estomatoloxía Pedro Diz Dios.

 

Investigación sobre saúde oral

Actualmente, Down Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela atópanse colaborando nun importante estudo de investigación sobre saúde oral.

Este estudo, dirixido polo catedrático de Estomatoloxía Pedro Diz, está centrado en evitar a aparición e/ou o avance das caries e da piorrea nas persoas coa síndrome de Down e na poboación en xeral.

E é que crese que as persoas coa síndrome de Down teñen unha bacteria na boca que axuda a previr a caries, polo que, de confirmarse esta hipótese, permitiría establecer as bases dun tratamento do que se beneficiaría toda a poboación.

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico do incremento do gasto de persoal nas súas entidades polo convenio colectivo de aplicación
13 Febreiro, 2023
Política Social financiou en 2022 varios programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
8 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}