A Xunta de Galicia financiou a contratación de 4 persoas desempregadas para postos técnicos da Federación durante o ano 2018

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Secretaría Xeral de Emprego, financiou con 70.668€ a contratación de 4 persoas desempregadas durante o pasado exercicio 2018 para desempeñar postos de carácter técnico nos centros de traballo que a Federación Down Galicia ten nas cidades de Pontevedra e Vigo. Mediante estas contratacións, todas elas…