Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O éxito do traballo cooperativo chega a Down Pontevedra Xuntos

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O éxito do traballo cooperativo chega a Down Pontevedra Xuntos

25 Febreiro, 2019

» O éxito do traballo cooperativo chega a Down Pontevedra Xuntos

A día de hoxe, ninguén dubida dos múltiples beneficios de formar parte dun coworking: traballo cooperativo e enriquecido, aforro de custes, flexibilidade,… Pero, e se ademais engadimos a vantaxe de desfrutar dun espazo inclusivo e respectuoso? Pois iso é o que ocorre en Espacio Arroelo, un coworking pontevedrés que apostou pola incorporación ao seu equipo de traballo de dúas persoas usuarias de Down Pontevedra Xuntos.

Cecilia e Celso, que se alternan durante os días da semana para non solaparse nas súas tarefas, traballan como ordenanzas e as súas funcións van desde a atención ao cliente e a recepción de correo e paquetería ata manter a orde nos espazos de traballo. Nada se move no coworking sen que eles dous estean ao tanto. Ambos comezaron a súa andaina na empresa cun pequeno período de prácticas no que conseguiron demostrar as súas aptitudes e bo facer e, tras afacerse perfectamente aos seus postos, asinaron senllos contratos en 2016 e 2018, respectivamente.

Cecilia traballa en Espacio Arroelo desde maio de 2016 e nos vindeiros meses vai ampliar as súas funcións. Así, desde o pasado mes de xaneiro está a formarse a través dun curso de informática e Internet da Rede CEMIT para manter actualizada a páxina web e as redes sociais do coworking. A idea de aumentar as súas tarefas saíu de África Rodríguez, co-xestora da compañía, que vendo como se manexaba Cecilia coas novas tecnoloxías e as redes sociais considerou que estaba plenamente capacitada.

No caso de Celso, ademais, é o seu primeiro contrato laboral, que chega tras unha gran  evolución persoal e laboral e unha gran actitude para afrontar os retos do día a día. En palabras de Ángela Patricio, preparadora laboral de Down Pontevedra Xuntos, “Celso estaba aprendendo moitísimo e cada vez estaba sendo máis autónomo e independente nas súas funcións, polo que unha vez finalizado o período de prácticas, as xerentes decidiron incorporalo ao equipo”.

 

Valoración do programa “Emprego con Apoio”

Tras estas dúas experiencias, en Espacio Arroelo están encantados con esta iniciativa. África Rodríguez, co-xestora do coworking, resalta que o que máis lle namorou do programa foi “a posibilidade de que todas as persoas que conviven na oficina poidan comprender que o mundo é tan amplo como persoas viven nel” e engade que ela mesma “evolucionou moitísimo como persoa”. África pon énfase en que Ceci e Celso desenvolven tarefas fundamentais para o día a día da empresa, sen as que a organización e a estrutura do espazo de traballo sería caótica e salienta que “ambos conseguen aportar moita disciplina e organización e iso da moita seguridade”.

Destaca tamén “o apoio incondicional e profesional de Down Pontevedra Xuntos, que desde o inicio ofreceron moitísimo apoio a nivel de orientación laboral, adaptación ao posto, definición de tarefas,…” e engade que “sempre se pode contar co apoio de persoas da asociación para acompañarte no desenvolvemento do programa”. Por ese mesmo motivo, quere “agradecer a todas as persoas que día a día nos apoian desde a asociación e nos axudan resolvendo retos e xerando novas ideas, propostas ou proxectos para que o mundo sexa tan diverso como realmente é”.

Por último, desde Espacio Arroelo queren recomendar esta iniciativa a outros coworkings, xa que “son un tipo de empresa perfecta para un programa como “Emprego con Apoio”, ademais de contar tamén con unha serie de beneficios fiscais”.

Desde Down Pontevedra Xuntos tamén animan ao resto de coworkings da zona a coñecer a metodoloxía de Emprego con Apoio que se leva a cabo nas entidades Down de Galicia desde o ano 2002.

 

As empresas pontevedresas apostan pola inclusión laboral

Neste inicio de ano, máis empresas pontevedresas apostaron pola inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Así, tras varios meses traballando en Aludec a través dunha Empresa de Traballo Temporal, Adrián, tamén usuario da bolsa de emprego de Xuntos, asinou a comezos deste 2019 un contrato anual a xornada completa como mozo de almacén. Desde a empresa indican que a razón para incorporalo como parte estable do equipo baseouse no seu bo traballo e Adrián, pola súa banda, amósase contento de poder contar con esta oportunidade.

Por outra banda, Miguel Pérez, que tamén traballa como masaxista no equipo de balonmán profesional Teucro, acaba de asinar un contrato indefinido como auxiliar naturópata en Torrado Centro de Recuperación, onde leva traballando e adquirindo experiencia varios anos. Así, dous días á semana prepara as salas de masaxes da clínica e trata aos pacientes que se achegan ata alí ata que soluciona as súas doenzas. E como bo profesional, esta última parte, a do trato directo co paciente, é a que máis lle gusta do seu traballo.

Entradas relacionadas

Teima e a Deputación da Coruña asinan un convenio de colaboración para apoiar economicamente o Servizo de Formación Sociolaboral e Emprego da entidade
30 Agosto, 2023
Magníficos resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
26 Xullo, 2023
Mozos e mozas de Down Ourense traballan como azafatos e azafatas no evento polo 50 aniversario de Galfor
28 Xuño, 2023
Down Vigo e Vithas colaboran para fomentar a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual
21 Xuño, 2023
Cafés Candelas contrata de xeito indefinido a un mozo de Lugo con discapacidade intelectual
31 Maio, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}