Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Mar Caamaño e Lourdes González-Laganá, Premio extraordinario Down Compostela por recuperar o dereito ao voto para as persoas con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Mar Caamaño e Lourdes González-Laganá, Premio extraordinario Down Compostela por recuperar o dereito ao voto para as persoas con discapacidade

6 Marzo, 2019

» Mar Caamaño e Lourdes González-Laganá, Premio extraordinario Down Compostela por recuperar o dereito ao voto para as persoas con discapacidade

O vindeiro 28 de abril, unhas cen mil persoas con discapacidade en España que estaban privadas do dereito de sufraxio poderán votar nas eleccións xerais. Isto é posible tras a recente modificación da Lei Electoral Xeneral, un cambio no que tiveron moito que ver Mar Caamaño, nai de Mara, e a avogada Lourdes González-Laganá, que levan desde 2015 reclamando nos tribunais este dereito fundamental para as persoas privadas do mesmo durante un proceso de  incapacitación xudicial. Elas foron as primeiras en chegar coa súa reivindicación ao Tribunal Supremo, ao Constitucional e ata ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo. A Fundación Down Compostela quixo recoñecer este traballo en defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, entregándolles o Premio Extraordinario Down Compostela.

Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Síndrome de Down, a Fundación tamén entregará os VIII Premios Down Compostela á futbolista Verónica Boquete, á  Escola Infantil Municipal de Meixonfrío e á empresa Universo  Milonga’s por contribuír de forma significativa a integración social, educativa e laboral das persoas con trisomía 21 ou discapacidade intelectual.

A entrega dos galardóns farase efectiva o próximo día 20, na gala que se celebrará no Hostal dos Reis Católicos e no que as persoas coa síndrome de Down volverán ser as protagonistas, xa que eles serán as encargadas de presentar aos premiados e premiadas desta oitava edición e entregarlles a escultura que simboliza estes galardóns. O acto comezará ás 20.30 horas para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra o 21 de marzo tras a decisión da ONU de dedicar o 21-3 ás persoas con Trisomía 21 desde o ano 2012.

 

PREMIADOS 2019

Empresa Universo  Milonga’ s  SL

Pola súa decidida aposta pola integración laboral das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. Os irmáns José e Mariano Rivas, responsables da empresa, e o seu equipo puxeron a disposición das persoas usuarias dos programas da área de Formación e Emprego da Fundación Down Compostela todos os seus locais, para permitir a varios mozos e mozas formarse no ámbito da hostalería e a restauración, nunha contorna de traballo absolutamente favorable. Pero non só iso, se non que unha desas persoas incorporábase ao persoal en xullo de 2018, e en decembro ese contrato convertíase en indefinido.

 

Escola Infantil Municipal de  Meixonfrío

Pola calidade do seu equipo docente e o seu compromiso por unha educación de calidade e inclusiva nas primeiras etapas. Saír da contorna máis próxima representa un reto para nenas e nenos e para as súas familias, pero é decisivo na vida para fomentar a socialización e a autonomía. A Escola Infantil de Meixonfrío traballa día a día por unha educación inclusiva e  normalizadora, onde todos e todas teñen participación e presenza de forma igualitaria, baseándose no respecto e no xogo colaborativo. Silvia Raíces, mestra-directora, coordina un equipo de profesionais dunha enorme calidade humana e facilitador da identidade persoal de nenas e nenos.

 

Verónica Boquete González (Vero Boquete)

Polo seu altruísmo, a súa solidariedade e a súa visión para converter nunha realidade a ansiada alternativa do deporte para todos e todas. Desde o ano 2013, o campus de  fútbol que organiza nosa máis internacional e destacada deportista reserva prazas para que nenas e nenos coa síndrome de Down e discapacidade intelectual da Fundación poidan aprender e gozar da práctica do fútbol nun ambiente totalmente normalizado. Os beneficios da práctica do deporte son indiscutibles para calquera persoa, e poder facelo nunha contorna absolutamente integradora e á beira dunha estrela do  fútbol mundial non ten prezo. Este xesto fai aínda máis grande a  Vero Boquete, que non só destaca pola súa calidade como deportista, senón sobre todo pola súa calidade como persoa.

 

Premio Extraordinario para Mar Caamaño e Lourdes González-Laganá

Cuxa loita nos tribunais en defensa dos dereitos fundamentais permitiu que en España cen mil persoas con discapacidade recuperasen o dereito ao voto. Un dereito que moitos poderán exercer por primeira vez o próximo 28 de abril. Mar, nai coraxe como poucas, e Lourdes, unha avogada experta na defensa dos dereitos das persoas, inician esta loita en 2015, cando á filla de Mar retíranlle o dereito ao voto nun proceso de  incapacitación. Empeza aí unha titánica loita nos xulgados, que por primeira vez chega ao Tribunal Supremo, ao Constitucional, e ata o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Co apoio do movemento asociativo e unha iniciativa lexislativa popular da Asemblea de Madrid, esta reivindicación serviu, dez anos despois de ratificar a Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, para modificar a Lei Electoral española e devolver o dereito ao voto a todas as persoas con discapacidade. O premio a Mar Caamaño e a Lourdes González- Laganá é máis que merecido.

O premio consistirá nunha escultura do artista compostelán Cándido Pazos feita especialmente para representar estes galardóns: unha man montada sobre unha base de cuarzo do Pico Sacro. “A man é a máxima expresión do ser humano”, sinala o artista, quen utilizou as cores corporativas da Fundación (azul, amarelo e gris) para esmaltar as pezas. Coas mans, Cándido Pazos pretende simbolizar o apoio que os premiados deron ás persoas coa síndrome de Down e a recompensa que recibiron por iso.

 

Premiados en edicións anteriores

Na primeira edición dos Premios Down Compostela, celebrada en 2012, foron galardoados o  Concello de Santiago, a empresaria Sofía Cebro e Xullo Castro Marcote, director do Hostal dos Reis Católicos. En 2013, os II Premios Down Compostela foron entregados ao CIEP Pérez Viondi da Estrada, Pizza Móbil e BBVA. Os galardoados en 2014 foron María García Quintas, a Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo), e a farmacéutica  Keramat, situada en Milladoiro (Ames).

En 2015 recibiron os Premios Down Compostela o catedrático de Estomatoloxía da USC, Pedro Diz Dios, o Instituto  As Fontiñas e Limpezas Salgado. En 2016 os galardoados foron o Concello de Rianxo, Leroy Merlín e José Antonio Rey. En 2017 foron entregados á ex directora do BBVA, Carmen  Barbeito, o colexio Divino Mestre e a empresa  XADE (que xestiona o Multiusos Fontes de Sar e Santa Isabel).

Os premios Down Compostela de 2018 recaeron no Colexio A nosa Señora do Rosario de Arzúa (colexio Atocha), a empresa  Cafento, a directora do Centro Institucións Galicia de  Caixabank, María Jesús García Piñeiro, e a voluntaria Malena González Barreiro.

Entradas relacionadas

Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais
19 Xaneiro, 2023
SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
O Xacobeo ilumina monumentos de Galicia co emblema das entidades Down para apoiar o Día Mundial da Síndrome de Down
18 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}