DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia celebra o Día da Muller e alerta sobre a dobre discriminación que sofren as mulleres coa síndrome de Down

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down Galicia celebra o Día da Muller e alerta sobre a dobre discriminación que sofren as mulleres coa síndrome de Down

Como cada ano, en Down Galicia queremos celebrar no Día da Muller todos os fitos que as mulleres conseguiron ao longo da historia, tanto no noso país, como a nivel mundial. Con todo, tamén queremos aproveitar esta efeméride para denunciar a discriminación que sofren as mulleres en xeral e, especialmente, as mulleres coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Tal e como advirte nun informe o Observatorio Estatal da Discapacidade, existe unha “persistencia das situacións discriminatorias que afrontan as persoas con discapacidade, que ademais ven multiplicadas ao engadirse factores tales como o xénero, a idade, o hábitat ou a orixe étnica”. De feito, é o factor xénero o que incide aínda máis na discriminación que as mulleres coa síndrome de Down sofren, especialmente no ámbito laboral.

 

Discriminación

Hase de ter en conta que son moitos os indicadores que mostran que as mulleres con discapacidade intelectual sofren discriminación. Un deles é o que reflicte o desemprego. A taxa de paro das persoas con discapacidade intelectual en España é dun 31,1%, e no caso das mulleres o dato está un punto por encima que o dos homes -22,8% fronte ao 23,8%-. Este último dato agrávase aínda máis se temos en conta a porcentaxe de persoas con discapacidade demandantes de emprego de longa duración. Esta diferenza entre mulleres -53,63%- e homes materialízase en 7 puntos. Todo iso, conduce necesariamente a situacións de pobreza, que de novo, afectan máis as mulleres con discapacidade intelectual. O 15,7% delas atópase en situación de pobreza extrema e o risco de pobreza afecta ao 32,7%.

Doutra banda, tamén atopamos diferenzas no acceso ás actividades de lecer e no mundo rural, onde na maioría dos casos as mulleres enfróntanse a un illamento ao ámbito doméstico. En canto á educación, a Fundación  CERMI Mulleres alerta sobre as taxas de fracaso e abandono escolar das nenas con discapacidade.

 

Necesidade de compromiso

Tendo en conta todos os parámetros que evidencian que as mulleres coa síndrome de Down enfróntanse a unha dobre discriminación: unha por ser muller e outra pola súa discapacidade intelectual, desde Down Galicia reivindicamos que a muller con discapacidade opte ás mesmas oportunidades que o resto e que a súa condición non sexa un motivo máis para sufrir discriminación de ningún tipo.

Para iso, tamén facemos referencia e apoiámonos nos artigos 6 e 8 da Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade das Nacións Unidas, ratificada por España en 2008. No primeiro deles, recoñécese que “as mulleres e nenas con discapacidade están suxeitas a múltiples formas de discriminación” e por iso, os Estados Parte comprométense adoptar as “medidas pertinentes para asegurar que poden gozar plenamente e en igualdade de condicións de todos os Dereitos Humanos e Liberdades Fundamentais. Ademais, tamén se fai fincapé na importancia e a necesidade de que o todos os estados leve a cabo un labor de concienciación social cara á sensibilización, o recoñecemento das capacidades as persoas con discapacidade e a loita en contra dos prexuízos, incluídos as que se basean no xénero.

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade