Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 30 aniversario de Down Vigo

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 30 aniversario de Down Vigo

11 Marzo, 2019

» Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 30 aniversario de Down Vigo

O Salón de Actos do Teatro Salesianos de Vigo acollerá o vindeiro 21 de marzo, a partir das 19:00 horas, os actos conmemorativos do Día Mundial da Síndrome de Down e do 30 aniversario da Asociación Down Vigo. Nesta edición entregaranse os VI Premios Down Galicia, co obxecto de recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares.

 

Acto conmemorativo

Neste Día Mundial, os representantes das xuntas directivas de Down Vigo e Down Galicia estarán acompañados, previsiblemente, polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; polo alcalde de Vigo, Abel Caballero; polo Delegado do Estado para a Zona Franca de Vigo, David Regades; pola conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar Tojo; e pola conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez.

Pero unha vez máis, as verdadeiras protagonistas desta sinalada data serán as persoas coa síndrome de Down, que se farán cargo da presentación e desenvolvemento do acto e farán oír a súa voz a través da lectura do Manifesto pola Autonomía Persoal.

Serán as encargadas, ademais, de entregar os VI Premios Down Galicia, que nesta edición recaen na categoría de persoa individual en Marcos González, por visibilizar e promover a capacitación profesional das persoas usuarias de Down Vigo ofrecéndolles formación como baristas e participación en diversos campionatos rexionais, ademais de liderar iniciativas de índole solidaria en beneficio da entidade; e na categoría institucional na Fundación Celta Integra, por promover a práctica deportiva inclusiva das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual coa súa participación activa na Liga Genuine.

Este acto central incluirá tamén a actuación musical de Mario Rivergood e o espectáculo “A maxia de Xabi” para o desfrute de todo o público asistente.

A entrada a este evento será gratuíta.

Para consultar o programa do acto conmemorativo prema aquí.

Como chegar

 

Xornada matutina sobre inclusión educativa

Pero a conmemoración do Día Mundial da síndrome de Down non se cingue unicamente ó acto principal, senón que haberá outras actividades ao longo do día.

Deste xeito, durante a mañá do día 21 de marzo (11:00h), Down Vigo organizará unha xornada técnica sobre inclusión na educación superior na Sala de Conferencias de Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 24-26).

Destacan nesta sesión as intervencións de Jesús Flórez, catedrático en Farmacoloxía e Presidente da Fundación Iberoamericana Down21, e de Lola Izuzquiza, doutora en Ciencias da Educación e directora da Cátedra de Patrocinio da Universidade Autónoma de Madrid.

O aforo está limitado a 120 persoas, polo que para poder asistir será necesario inscribirse enviando un correo electrónico a comunicaciondownvigo@gmail.com. O prazo para facelo remata o vindeiro 15 de marzo.

Máis información neste enlace.

 

Iluminación dos principais monumentos de Galicia

Un ano máis, os principais monumentos de Galicia tinguiranse de azul e amarelo para conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down. Así, a Torre de Hércules na Coruña, a Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, as Fontes da Rúa Aragón en Vigo, os concellos de Ferrol e Pontevedra, ou a Ponte Romana de Ourense, entre outros, iluminaranse o vindeiro 21 de marzo para dar visibilidade e concienciar á sociedade neste día tan destacado.

Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración do 21 de marzo como Día Mundial da síndrome de Down. Establécese esta data, o 21 de marzo [21/03] como un símbolo, en referencia á triplicación [trisomía] do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.

Entradas relacionadas

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Down Vigo e Vithas colaboran para fomentar a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual
21 Xuño, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}