DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Xuntos e o Centro de Día Salma asinan dous convenios de colaboración nos eidos do emprego e o envellecemento

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Xuntos e o Centro de Día Salma asinan dous convenios de colaboración nos eidos do emprego e o envellecemento

Manuel Pérez Cabo, presidente de Down Pontevedra Xuntos, e Paula Legísima Casares, directora do Centro de Día Salma, asinaron a pasada semana dous convenios que permitirán a colaboración entre ambas entidades nos ámbitos do emprego e do envellecemento activo.

Con esta sinatura, ambas entidades queren destacar a importancia da inclusión do colectivo de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais na sociedade da cal forman parte e apostar polo envellecemento activo como base dunha mellor calidade de vida para as persoas maiores.

Por unha banda, grazas ao primeiro dos convenios de colaboración e mediante o Programa de Emprego con Apoio de Down Pontevedra Xuntos, José Carlos Martínez Coello, usuario da entidade, comezará a mediados de marzo a facer prácticas no Centro de Día Salma. Durante un mes, con posibilidade de prórroga, desenvolverá tarefas de apoio no servizo de comedor do centro.

Con esta nova oportunidade laboral, xa son 16 as persoas integrantes da bolsa de emprego de Down Pontevedra Xuntos as que están ocupadas nestes momentos, ben sexa a través de contratacións (15) ou de prácticas laborais (1). Este convenio en prácticas súmase aos tres novos contratos e unha conversión a indefinido deste comezo de ano. Desta maneira, o 89% das persoas usuarias do servizo de Emprego con Apoio da entidade están a formar parte do mercado ordinario de traballo actualmente.

Por outra banda, o segundo dos convenios de colaboración recolle a cooperación entre ambas entidades no eido do envellecemento activo, traballando de xeito conxunto no Proxecto de Atención Integral ao Envellecemento de Xuntos. Unha das finalidades deste proxecto é a participación das persoas maiores coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais usuarias da asociación en actividades da contorna comunitaria, como exposicións, teatro, cine,  etc., favorecendo o seu desenvolvemento persoal.

Así, ao abeiro deste convenio, planificaranse actividades conxuntas co Centro de Día Salma coa fin de xerar momentos de encontro entre os diferentes colectivos que conforman a contorna comunitaria, establecendo deste xeito redes informais de apoio.

No programa de Formación para o emprego de Xuntos planifícanse ao longo do ano visitas a empresas coa finalidade de que as persoas usuarias participantes coñezan in situ diferentes perfís profesionais. Nesta ocasión foron xa dous os encontros realizados coa empresa Salma, onde lle explicaron aos mozos e mozas asistentes as diferentes tarefas que realizan as profesionais dentro deste sector.

Entradas relacionadas
Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
23 Decembro, 2020
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
Teima e Xuntos asinan senllos convenios de colaboración coas administracións locais
2 Setembro, 2020
Lucía Pérez e Isi encabezan o cartel da XXIII Gala Benéfica Síndrome de Down de ‘Xuntos’ en Pontevedra
8 Xaneiro, 2020
Distrubuciones Froiz contrata a dúas persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
30 Decembro, 2019
Down Pontevedra Xuntos acolle a exposición “Xoias solidarias” e apoia a investigación contra o cancro
18 Decembro, 2019
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade