Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia esixe á Xunta Electoral que anule a última instrución sobre o voto das persoas con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia esixe á Xunta Electoral que anule a última instrución sobre o voto das persoas con discapacidade

13 Marzo, 2019

» Down Galicia esixe á Xunta Electoral que anule a última instrución sobre o voto das persoas con discapacidade

A Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down (Down Galicia) expresou hoxe a súa indignación ante a última instrución da Xunta Electoral Central, que permitirá a determinados membros de formacións políticas cuestionar nas mesas electorais as condicións do voto das persoas con discapacidade que consideren que non exercen o seu dereito libremente.

Esta medida, publicada onte no Boletín Oficial del Estado, é unha das directrices que a Xunta Electoral Central considera necesarias tralas modificacións da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG), que garante o dereito ao voto de todas as persoas con discapacidade desde a súa entrada en vigor o pasado mes de decembro de 2018.

Esta reforma, que se aplicará por vez primeira nas eleccións xerais do vindeiro 28 de abril, permitiu incluír no censo electoral a 100.000 persoas con discapacidade intelectual que tiñan retirado este dereito por orde xudicial.

Deste xeito, a Xunta Electoral Central atribúe a publicación destas medidas aos posibles problemas interpretativos que poden xurdir trala redacción da modificación da LOREG, que sinala que o dereito a sufraxio activo debe exercerse de forma “consciente, libre e voluntariamente”, considerando necesario clarificar este punto e fixar un criterio que poidan seguir os diferentes suxeitos afectados.

Así, a disposición segunda desta instrución indica que, aínda que as mesas electorais deberán admitir o voto de calquera persoa con aparente discapacidade que se atope inscrita no censo electoral, no caso de que algún interventor ou apoderado dalgún partido político considere que o voto desa persoa non é exercido de forma consciente, libre e voluntaria, poderá facelo constar na acta da sesión identificando o número do DNI correspondente á persoa en cuestión.

Finalmente, o texto empraza ás xuntas electorais a “velar polo correcto cumprimento desta modificación legal e do establecido na instrución, adoptando as medidas pertinentes para garantir que o voto das persoas con discapacidade poida exercerse de forma consciente, libre e voluntaria”.

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, considera esta medida “intolerable”, xa que “as persoas con discapacidade verán cuestionada, unha vez máis, a súa capacidade de decisión”. Prieto indica que “é incrible que, por cada pequeno avance na consecución dos dereitos das persoas con discapacidade, haxa un retroceso de varios anos na súa situación”.

Á vista destas últimas medidas, a Federación Down Galicia quere denunciar, unha vez máis, a persecución á que están sometidas as persoas con discapacidade en xeral, ás que se lles presupón unha menor capacidade inherente á súa discapacidade e, neste caso concreto, se lles coloca nunha clara situación de desvantaxe á hora de exercer o seu dereito fundamental a voto.

A reclamación da Federación Down Galicia súmase á presentada onte polo Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI), que tamén solicitou á Xunta Electoral Central que anule con carácter inmediato esta instrución.

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico do incremento do gasto de persoal nas súas entidades polo convenio colectivo de aplicación
13 Febreiro, 2023
Política Social financiou en 2022 varios programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
8 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}